A través desta convocatoria poderán subvencionarse aqueles proxectos, programas e actividades de asociacións e entidades sen ánimo de lucro que se desenvolvan no ámbito territorial da cidade de Vigo no sector específico dos servizos sociais e que teñan como destinatarios a un ou varios dos seguintes colectivos:
- Familia e Infancia.
- Proxectos ou actividades que fomenten as habilidades familiares a través de actividades de formación na igualdade e corresponsabilidade dos seus membros, cara á mellora da calidade da actuación parental e a vida familiar.
- Proxectos ou actividades que favorezan a participación das familias cara á súa integración social.
- Programas de apoio psicosocial para situacións de dependencia (autocoidado emocional, autoestima, regulación emocional, habilidades de comunicación e resolución de conflitos, etc.) cara á mellora da calidade da vida familiar.
- Persoas maiores e persoas con discapacidade.
- Programas de información e/ou formación dirixidos a estes colectivos, familiares e coidadores.
- Programas ou actividades dirixidas a persoas maiores e/ou con discapacidade que fomenten a súa psicomotricidade.
- Programas de acompañamento ás persoas maiores que vivan soas. -Obradoiros alternativos non coincidentes cos desenvolvidos pola Área de Política de Benestar Social.
- Persoas emigrantes, inmigrantes e minorías étnicas.
- Proxectos socioeducativos e de promoción social dirixidos a estes colectivos socialmente vulnerables.
- Persoas marxinadas sen fogar.
- Proxectos de prevención, tanto individual como familiar ou comunitaria, dirixidos a persoas e colectivos en risco de exclusión social ou desprotección.
- Persoas con adiccións, con ou sen substancia (alcohol e outras drogas), adicción ó xogo, ás apostas en internet, etc.
- Proxectos de carácter preventivo, socioeducativo, de promoción da autoestima e educación en valores.
Requisitos
- Ser unha entidade de interese social, sen ánimo de lucro, que teña entre os seus fins o desenvolvemento de actividades sociais e con implantación local. Para estes efectos, os seus estatutos ou normas reguladoras deberán ter obxectivos e finalidades coincidentes cos establecidos nestas Bases.
- Estar legalmente constituídas e inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións da Concellería de Participación cidadá do Concello de Vigo na data na que remata o prazo de presentación de solicitudes.
- Non estar incursas en ningún dos supostos previstos no Art. 10 da L.9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
- Ter sede, domicilio social ou delegación permanente no termo municipal de Vigo. Entenderase por “delegación permanente” aquela que conte con persoal permanente da organización e local fixo onde realicen as súas actividades.
- No caso de agrupación de entidades, todas elas deberán cumprir os requisitos anteriores. As entidades agrupadas asumen a responsabilidade conxunta do proxecto e designarán un domicilio único e unha cabeza de agrupación, tanto para notificacións administrativas como de interlocución coa Administración. A porcentaxe de participación de cada entidade no proxecto así como os dereitos e obrigas de cada unha delas determinaranse nun convenio que deberán xuntar cando se presente a documentación da solicitude. Neste convenio deberá sinalarse que cada unha das entidades asume a responsabilidade directa pola súa porcentaxe de participación e subsidiaria pola totalidade do proxecto.
- Non se consideran agrupacións de entidades aquelas que estean formadas por unha asociación e a federación a que pertenza dita asociación ou aquelas en que os órganos de goberno sexan coincidentes, total ou parcialmente, en todas as entidades agrupadas.
- Cada entidade ou agrupación de entidades solicitantes non poderá presentar máis dun proxecto á convocatoria.
- Que conforme ós seus estatutos ou normas reguladoras, teñan obxectivos e finalidades coincidentes cos establecidos nas presentes Bases.
- Que teñan debidamente xustificadas, se é o caso, e antes da presentación da solicitude para cada convocatoria, as axudas recibidas no ano anterior. Así mesmo, é necesario que se efectúe o correspondente ingreso nos casos en que, sobre os/as beneficiarios/as das axudas económicas, recaíse resolución administrativa ou xudicial firme de reintegro.
- Que se atopen ó corrente das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
Accións subvencionables
Serán gastos subvencionables os custos directos e indirectos do programa, proxecto ou actividade subvencionada. Entenderanse como “custos directos” aqueles que resulten imprescindibles para a posta en marcha do proxecto, vinculados á execución da intervención, e que financian a consecución dos seus obxectivos. Para os efectos da concesión da axuda teranse en conta:
- Materiais consumibles: considéranse os gastos consumibles en prazos inferiores a un ano, tales como material de escritorio, material informático, material de formación, reprografías e imprenta.
- Persoal: os gastos de persoal subvencionables poderán incluír salarios e seguros sociais do persoal afecto ó proxecto a cargo da entidade. Para o caso de que se imputen gastos de coordinación, estactividade deberá ser realizada por persoa física distinta da responsable do proxecto. Cando a persoa que realiza a coordinación sexa persoal contratado con anterioridade pola entidade solicitante, non se poderá imputar máis do 20% da remuneración líquida mensual do período que abrangue a realización do proxecto.
- Servizos técnicos e profesionais requiridos para a realización de análise de necesidades, diagnósticos, capacitacións, seminarios, informes…, previstos para a realización do proxecto.
Prazo
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 30 de xuño de 2023.
Máis información
Concello de Vigo: Subvencións a entidades e asociacións de carácter social sen ánimo de lucro para a realización de actividades na área dos servizos sociais no ano 2023.
Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co departamento de Dinamización Comunitaria da Mancomunidade de Vigo, chamando ó teléfono 986 42 33 66 ou a obradoiro.emprego@maiv.org