Obxectivo
Prazo Pechado!!. Apróbanse as bases, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións ó Plan específico destinado a mellorar a calidade da vida local e fomentar e dinamizar o asociacionismo veciñal convocadas para o ano 2024.
Beneficiarios
- As asociacións de veciños, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños e comunidades de usuarios de augas.
- Asociacións de mulleres rurais de Galicia, para realizar investimentos, tanto de obra como de equipamentos, en inmobles da súa titularidade ou dos cales lles corresponda o dereito de uso, e traídas de auga veciñais.
Accións subvencionables e requisitos
Para os efectos desta orde, considéranse subvencionables os seguintes proxectos:
- Liña 1: as obras de acondicionamento, reforma e ampliación dos locais en que a entidade veciñal ou de mulleres rurais desenvolve a súa actividade e as obras de mellora, reforma e reparación das infraestruturas e instalacións das traídas de auga comunitarias, promovidas por comunidades de usuarios de augas.
- Liña 2: a adquisición de equipamentos básicos dos locais, necesarios para o funcionamento ordinario da entidade, integrado por mobiliario, equipamentos de oficina, equipamento informático ou equipamento acústico e audiovisual; e a adquisición doutro equipamento ou mobiliario para actividades específicas, que non terá carácter básico.
*En calquera caso, só serán subvencionables os proxectos operativos, é dicir, aqueles que conteñen os elementos necesarios para acadar a finalidade para a cal foron solicitados.
**Non son subvencionables os gastos correntes das entidades, tales como material funxible, luz, auga, teléfono, alugamentos de locais e similares, a adquisición de elementos decorativos ou ornamentais nin a compra de teléfonos móbiles.
Cos seguintes requisitos:
- Cumprir o obxectivo, executar o proxecto, realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión das subvencións.
- Xustificar ante o órgano concedente o cumprimento da finalidade da subvención, a realización do proxecto que fundamentou a súa concesión e o seu custo real.
- Destinar os fondos percibidos ao obxecto concreto para o cal foron concedidos e realizar as actuacións que integran o proxecto subvencionado, segundo o estipulado no artigo 41 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
- Destinar os bens ao fin concreto para o cal se concede esta subvención durante un período mínimo de cinco anos e reintegrar as cantidades percibidas no caso de incumprimento desta obriga. A axuda só será definitiva se non sofre, antes de transcorridos cinco anos do seu remate, unha modificación que afecte a natureza do investimento.
- Comunicarlle ao órgano concedente a obtención de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas.
- Consentir expresamente a inclusión dos datos relevantes da subvención nos rexistros públicos que proceda, conforme a disposición adicional.
- Someterse ás actuacións de comprobación que deba efectuar o órgano concedente, ás de control financeiro que corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma en relación coa subvención concedida, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, e achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.
- Reintegrar as cantidades percibidas xunto cos xuros de demora nos seguintes supostos:
a) Incumprimento das condicións establecidas para a concesión da subvención.
b) Incumprimento da obriga de xustificar a subvención nos termos establecidos no artigo 15 desta orde.
c) Será reintegrado o financiamento público polo importe pagado da subvención que supere o custo final xustificado do proxecto subvencionado.
d) Incumprimento da obriga de destinar os bens ao fin concreto para o cal se concedeu a subvención durante un período mínimo de cinco anos.
e) Incumprimento das obrigas establecidas nos artigos 11 e 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como nos supostos establecidos no artigo 33 desta mesma lei e/ou calquera outro que resulte da normativa aplicable.
Concorrencia e perda da subvención
- Estas subvencións son compatibles coa percepción doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade.
- Perda do dereito ao cobramento da subvención, total ou parcial, coas seguintes causas:
- Non presentar toda a documentación xustificativa no tempo e na forma esixibles ou ser a súa presentación insuficiente ou incompleta.
- Incumprimento das condicións establecidas para a concesión da subvención.
- Calquera outra causa que poña de manifesto que a entidade non reunía os requisitos para ser beneficiaria destas subvencións ou a alteración dos supostos que serviron de base para a avaliación das solicitudes.
Gastos subvencionados
Gastos ocasionados como consecuencia de investimentos realizados en inmobles de titularidade da entidade solicitante ou sobre os cales teña un dereito de uso por convenio ou por calquera outro título.
Equipamentos necesarios para o seu funcionamento, todos eles orientados ao cumprimento dos fins da entidade e o seu funcionamento ordinario, e as obras nas traídas de auga comunitarias.
Contía
Contías e límites máximos:
- O importe das subvencións en ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos, supere o custo da actuación subvencionada.
- Un orzamento de 3.000.000,00 €, correspondente aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024, coa seguinte distribución inicial por liña de subvención:
- vbngnh
*A axuda económica que se conceda poderá abranguer a totalidade do investimento realizado cun límite máximo por entidade de 12.000,00 euros para a realización de obras (liña 1) e de 5.000,00 euros para a dotación de equipamentos (liña 2).
*A achega pública fíxase como un importe certo e sen referencia a unha porcentaxe ou fracción do custo total, polo que non se aboará máis que o importe xustificado co límite da subvención concedida. Enténdese que queda por conta do beneficiario a diferenza de financiamento necesario para a total execución da actividade subvencionada, de ser o caso.
Prazo
O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 30 de xaneiro de 2024 e remata o 29 de febreiro de 2024.
Máis información
Consulta a ORDE do 9 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras
e a convocatoria de subvencións para o ano 2024, en réxime de concorrencia
competitiva, dentro do Plan específico de acción comunitaria destinado a
asociacións veciñais, confederacións, federacións ou unións de asociacións de
veciños, comunidades de usuarios de augas e asociacións de mulleres rurais de
Acceder ao procedemento de tramitación:
- Código de procedemento: PR487A
Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Departamento de Apoio ás Asociacións, chamando ao teléfono 986 42 33 66.
O contido desta presentación ten unicamente fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituir a información proporcionada nos documentos oficiais.