AXUDAS GASTOS DE FUNCIONAMENTO DAS ENTIDADES ASOCIATIVAS

Necesitas sufragar os gastos de funcionamento da túa asociación? Aquí te contamos cómo.

Prazo Pechado!!. Concesión de subvencións destinadas a sufragar os gastos de organización interna e funcionamento de entidades representativas da economía social.

Beneficiarios

Benefícianse:

a) Asociacións de cooperativas e de sociedades laborais, para as actuacións previstas no Programa I.

b) Asociacións de centros especiais de emprego e de empresas de inserción, para as actuacións previstas no Programa II.

Requisitos

Con carácter xeral, as entidades beneficiarias deberán reunir os seguintes requisitos:

a)     Teren personalidade xurídica propia e independente.

b)     Teren o seu domicilio social e a sede na Comunidade Autónoma de Galicia, entendendo por tal dispoñeren dunha oficina permanente nela.

c)     Estaren ao día no cumprimento das obrigas referidas a depósito de documentos e inscrición de acordos nos rexistros competentes, segundo o establecido na normativa de aplicación.

Incompatibilidades e concorrencia

  • Serán incompatibles con calquera outra subvención concedida por esta Administración para a mesma finalidade
  • O importe das subvencións ou axudas concedidas non poderá ser de tal contía que supere o custo total da actividade que vaia desenvolver a entidade beneficiaria, en que se incluirán todos os custos directamente derivados dela.
  • O importe máximo das axudas para cada finalidade deberá respectar os límites que se establecen.

Supostos excluidos

1. O reintegro total ou parcial das cantidades percibidas e a exixencia do xuro de demora, nos casos e nos termos previstos nos artigos 32 e 33 da citada Lei 9/2007, do 13 de xuño, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

2. Os criterios de gradación dos posibles incumprimentos para determinar a cantidade que se minorará ou reintegrará serán os seguintes:

a) O incumprimento total dos fins para os que se concede a subvención, da realización dos gastos subvencionables ou do deber de xustificación dará lugar á perda do dereito ao cobramento ou, de ser o caso, ao reintegro da totalidade da axuda concedida.

b) O incumprimento de dispor dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados e de adoptar as medidas axeitadas de difusión para dar publicidade ao financiamento público das actuacións subvencionadas, o que dará lugar a un reintegro dun 2 % da axuda concedida.

c) O incumprimento de:

  • No caso de incumprimento da obriga de comunicarlle ao órgano concedente a solicitude doutras axudas, procederá ao reintegro do 5 % do importe da subvención percibida.
  • No caso de incumprimento da obriga de comunicarlle ao órgano concedente a obtención doutras axudas, procederá ao reintegro do exceso percibido máis os xuros de demora, sen prexuízo de sancións que poidan corresponder.

Programa I. Fomento e consolidación das asociacións de cooperativas e de sociedades laborais (procedemento TR802H)

Obxectivo

A finalidade deste programa de subvencións é o fomento e consolidación das entidades representativas da economía social de Galicia, en concreto, das asociacións de cooperativas e de sociedades laborais, subvencionando parcialmente os seus gastos de funcionamento.

Beneficiarios

1. Asociacións de cooperativas con actividade acreditada e debidamente inscritas no Rexistro Central de Cooperativas de Galicia, dependente da Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, así como as asociacións de sociedades laborais debidamente inscritas e con actividade acreditada, que agrupen principalmente entidades inscritas no Rexistro de Sociedades Laborais de Galicia.

Deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Teren personalidade xurídica propia e independente.

b) Teren o seu domicilio social e a sede na Comunidade Autónoma de Galicia, entendendo por tal dispoñeren dunha oficina permanente nela.

c) Estaren ao día no cumprimento das obrigas referidas a depósito de documentos e inscrición de acordos nos rexistros competentes, segundo o establecido na normativa de aplicación.
2.Non poderán solicitar as subvencións aquelas entidades que formen parte de confederacións, federacións e unións de asociacións que, igualmente, presentasen unha solicitude de axudas ao abeiro deste programa.

Accións subvencionables

  • Serán subvencionables aquelas que se realicen entre o 25/01/2024 e o 26/02/2024
  • Nunca poderá ser superior ao valor de mercado.
  • Os tributos, se a entidade beneficiaria da subvención os abone efectivamente. 

Non se consideran gastos subvencionables os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación, nin os impostos persoais sobre a renda.

Contía das axudas

1.  Non poderán superar o 90 % dos gastos necesarios, que poderán contar, con outros financiamentos sen que en ningún caso excedan a contía realmente xustificada e non achegada pola Xunta de Galicia. No caso de axudas de custo e desprazamento e os gastos derivados do informe de auditoría, a subvención non superará os 3.000 €

2.  Non poderá superar, para cada beneficiaria, a contía resultante de multiplicar a puntuación acadada logo da aplicación dos criterios de avaliación, polo

cociente entre o crédito asignado na convocatoria e a suma da puntuación acadada por todas as entidades beneficiarias.

3. A contía máxima da subvención para cada beneficiaria é de 100.000 €.

Se, unha vez asignado o crédito, resulta sobrante, repartirase entre as entidades beneficiarias que non acadasen os 100.000 € e proporcionalmente á súa puntuación, neste caso, poderase superar a contía establecida no parágrafo 1.

Programa II.  Fomento e consolidación das asociacións de centros especiais de emprego e empresas de inserción (procedemento TR358D)

Obxectivo

A finalidade deste programa é o fomento e consolidación das entidades representativas da economía social de Galicia, en concreto, das asociacións de centros especiais de emprego e de empresas de inserción, subvencionando parcialmente os seus gastos de funcionamento.

Beneficiarios

1.  As asociacións de centros especiais de emprego e de inserción que asocien unicamente centros inscritos como tales no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia.

2. As entidades solicitantes, para seren beneficiarias, deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Ter personalidade xurídica propia e independente.

b) Estar inscritas no rexistro público correspondente da Comunidade Autónoma de Galicia e ter actividade acreditada.

c) Ter o seu domicilio social e a sede na Comunidade Autónoma de Galicia, entendendo por tal dispoñer dunha oficina permanente nela.

d) Estar ao día no cumprimento das obrigas referidas ao depósito de documentos e inscrición de acordos nos rexistros competentes.

e) Obter un mínimo de 30 puntos nos criterios de valoración do artigo 37 desta orde.

3. Non poderán solicitar as subvencións: aquelas entidades que formen parte de confederacións, federacións e unións de asociacións que, igualmente, presentasen unha solicitude de axudas ao abeiro deste programa.

Accións subvencionables

Contía das axudas

1.  A contía máxima da subvención para cada entidade beneficiaria é de 35.000€.

2. Non poderá superar o 90 % dos gastos necesarios para a realización das actividades, que poderán contar, así mesmo, con outros financiamentos sen que en ningún caso excedan a contía realmente xustificada e non achegada pola Xunta de Galicia. No caso de axudas de custo e desprazamento e de auditoría, a subvención non superará os 3.000 €. 

3.   Calcularase do seguinte xeito: 

Obtense a puntuación dos solicitantes e os criterios de valoración regulados no artigo 37. 

-Os solicitantes que non acaden os 30 puntos non percibirán axuda. 

-Os solicitantes que teñan 30 puntos ou máis serán beneficiarios da axuda, cuxa contía se determinará, segundo os seguintes criterios:

Menos de 30 puntos: 0 €.

Entre 30 e 40 puntos: 5.000 €.

Entre 41 e 50 puntos: 10.000 €.

Entre 51 e 60 puntos: 25.000 €.

Máis de 61 puntos: 35.000 €.

Prazo

O prazo de presentación de solicitudes é o mesmo para ámbolos dous programas e iníciase o 25/01/2024 e remata o 26/02/2024.

IMPORTANTE

  • As entidades beneficiarias das axudas deberán xustificar o investimento conforme a resolución de concesión e solicitar os correspondentes pagamentos mediante solicitude, conforme o modelo que corresponda segundo o programa (anexo III ou anexo V).
  • A data máxima de xustificación das accións subvencionadas será o 31 de outubro de 2024.

Máis información

Consulta a ORDE do 29 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións para sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas de cooperativas, de sociedades laborais, de centros especiais de emprego e de empresas de inserción, e se convocan para o ano 2024

Código de procedemento: TR802H e TR358D

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co Departamento de Apoio ás Asociacións da Mancomunidade de Vigo, chamando ao teléfono 986 42 33 66 ou enviándonos un correo electrónico a dirección obradoiro.emprego@maiv.org

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *