Obxectivo
Establecer axudas destinadas a impulsar a gobernanza nas entidades de xestión dos montes veciñais en man común e dos montes de varas, abertais, de voces, de vocerío ou de fabeo e proceder a súa convocatoria para o ano 2024.
Beneficiarios
As entidades beneficiarias son:
-As comunidades de montes veciñais en man común.
-As xuntas xestoras ou asembleas de copropietarios dos montes de varas, abertais, de voces, de vocerío ou de fabeo.
Requisitos entidades colaboradoras
As entidades beneficiarias deben cumprir coas obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e non estar incursas en ningunha clase de inhabilitación de axudas previstas no seu artigo 10. Ademais, non deben estar incursas en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
Para poder acceder a esta subvención, as CMVMC deben:
a) Estar legalmente constituídas e regulamentariamente inscritas no Rexistro Provincial de CMVMC, de acordo co disposto no artigo 57 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.
b) Cumprir co disposto no artigo 125 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e no Decreto 23/2016, do 25 de febreiro, polo que se regula o reinvestimento dos ingresos obtidos polas CMVMC en actuacións de mellora e protección forestal.
*Estes requisitos deben estar acreditados dentro do prazo de presentación de solicitudes.
Para poder acceder a esta subvención os montes de varas, abertais, de voces, de vocerío ou de fabeo deben, dentro do prazo de presentación de solicitudes, cumprir co estipulado no artigo 126 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.
- Exclusións:
- Empresas que entren dentro da categoría de empresas en crise, de acordo coa definición do Regulamento (UE) nº 2022/2472 da Comisión, do 14 de decembro de 2022, polo que se declaran determinadas categorías de axuda nos sectores agrícola e forestal e en zonas rurais compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea. Para verificar o cumprimento deste requisito, as entidades solicitantes deberán declarar na solicitude que non se encontran en situación de crise conforme a normativa comunitaria.
- Entidades que teñan débedas por reintegro de axudas ou préstamos coa Administración, ou estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión Europea que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.
Actividades subvencionables
Será obxecto de axuda as seguintes actuacións:
- Actuación para a revisión de esbozos das carpetas-ficha en montes veciñais e man común ou en montes de varas, abertais, de voces, de vocerío ou de fabeo.
- Actuación para o deslindamentos parciais entre montes veciñais en man común e/ou montes de varas, abertais, de voces, de vocerío ou de fabeo.
Contía
Importe de 490.000 € distribuídos do seguinte xeito:
– 392.000 €, ano 2024.
– 98.000 €, ano 2025.
Segundo as actuacións:
– Actuación de revisión de esbozos das carpetas-ficha: 294.000 €, que se distribúen:
- Para os montes veciñais e man común: 205.800 € (164.640€ para o ano 2024 e 41.160€ para o ano 2025).
- Para os montes de varas, abertais, de voces, de vocerío ou de fabeo: 88.200 € (70.560 € para o ano 2024 e 17.640 € para o ano 2025).
– Actuación de deslindamentos parciais: 196.000 €, que se distribúen:
- Para os montes veciñais e man común: 137.200 €, (109.760 € para o ano 2024 e 27.440 € para o ano 2025).
- Para os montes de varas, abertais, de voces, de vocerío ou de fabeo : 58.800 € (47.040 € para o ano 2024 e 11.760 € para o ano 2025).
Nota: O alcance do incumprimento determinarase proporcionalmente aos conceptos subvencionables deixados de practicar ou aplicados a outros distintos dos considerados subvencionables:
Se o incumprimento supera o 40 % (execución inferior ao 60 %) da base subvencionable da axuda aprobada: non terá dereito ao cobramento, salvo que se aprobaran todas as solicitudes desta liña que cumpren cos requisitos da orde.
Prazo
O prazo de solicitudes comeza o 22/01/2024 e remata o 01/03/2024.
Máis información
Consulta a ORDE do 20 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras
das axudas, en concorrencia competitiva, destinadas ao impulso da boa gobernanza nas entidades de xestión dos montes veciñais en man común e dos montes de varas, abertais, de voces, de vocerío ou de fabeo, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento MR651C).
Acceder ao procedemento de tramitación:
- Código de procedemento: MR651C
Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Departamento de Apoio ás Asociacións, chamando ao teléfono 986 42 33 66.
O contido desta presentación é só para fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituir a información proporcionada nos documentos oficiais.