A finalidade destas axudas é contribuír a que as mulleres acaden unha maior autonomía a través da promoción da súa independencia económica e do seu apoderamento, reforzando ao mesmo tempo as posibilidades dunha posterior inserción laboral estable, co obxectivo fundamental de lograr a súa plena integración na vida económica e social.
Entidades beneficiarias
- As entidades sen ánimo de lucro con domicilio social en Galicia.
- As cooperativas galegas sen ánimo de lucro segundo o disposto na disposición adicional cuarta da Lei 14/2011, do 16 de decembro, pola que se modifica a Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, que acrediten o cumprimento das previsións da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, respecto dos topes máximos de traballadores ou traballadoras por conta allea.
Requisitos da contratación
- Que sexan executadas polas entidades beneficiarias en réxime de administración directa (contratación directa).
- Que a duración dos contratos sexa, como mínimo, de 6 meses.
- Que a contratación sexa para xornada de traballo a tempo completo ou a tempo parcial non inferior ao 50 %.
- Que a entidade beneficiaria dispoña de orzamento suficiente para asumir os gastos non subvencionables ao abeiro desta resolución, se for o caso.
- Que se favoreza a formación e a práctica profesional das mulleres contratadas.
- Que a súa execución ou prestación se realice nun centro de traballo situado na Comunidade Autónoma de Galicia.
Con independencia da duración do contrato, o período subvencionable non poderá exceder os 12 meses nin poderá prolongarse máis alá do 30 de setembro de 2024.
Contía da axuda
A subvención será, por cada muller contratada a tempo completo, a contía resultante de aplicar o método de custos simplificados calculado conforme ao seguinte cadro:
O importe da subvención por cada contratación reducirase proporcionalmente en función da xornada realizada, cando os contratos se concerten a tempo parcial.
Poderanse subvencionar un máximo de 2 contratacións por entidade solicitante.
Prazo
O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto ata o 28 de xullo.
Máis información
Acceder ao procedemento de tramitación:
Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co departamento de Dinamización Comunitaria da Mancomunidade de Vigo, chamando ó teléfono 986 42 33 66 ou enviando un correo electrónico a obradoiro.emprego@maiv.org