Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras do Programa ES-Transforma, de apoio á transformación en cooperativas ou sociedades laborais dos negocios sen remuda xeracional, de todo tipo de sociedades e das persoas traballadoras autónomas, que xa estivesen a exercer unha actividade económica.
O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras das axudas na área de influencia socioeconómica do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, para o financiamento de actuacións en áreas de influencia socioeconómica dos parques nacionais do Plan de recuperación, transformación e resiliencia
Estas axudas a fondo perdido e en réxime de concorrencia competitiva, teñen por obxecto o impulso da innovación aberta, a través de casos de éxito de colaboración empresa & startup, que axuden ao crecemento e transformación dixital.
A finalidade deste certame é apoiar a mozos que lideran proxectos innovadores e viables, de empresas xa constituídas, cunha antigüidade máxima de tres anos e mínima dun na data límite da presentación das solicitudes, con independencia do sector no que se promovan.