XPANDE DIXITAL 2024

¿Estás pensando en expandir o teu negocio a mercados internacionais? Se tes unha peme e precisas dun plan para posicionarte noutros países, xa podes solicitar as axudas para o desenvolvemento de plans de acción en marketing dixital internacional na súa convocatoria 2024.

A Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa pon ao alcance das pemes un programa de axudas, co financiamento do FEDER 2021-2027,  para darlles un impulso á internacionalización e así mellorar a súa competividade en entornos dixitais globais.

OBXECTIVO

Este programa pretende axudar ás empresas a desenvolver estratexias de internacionalización dixital, a través da prestación de servizos de asesoramento e da concesión de axudas económicas para o desenvolvemento dun plan de internacionalización.

A selección de proxectos realizarase por orde de entrada.

A QUEN VAI DIRIXIDA?

PEMES e persoas autónomas da demarcación territorial da Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa que estean de alta no censo do IAE, que dispoñan dunha páxina web e dun producto ou servizo propio. Ademais, deberán ter unha facturación mínima de 50.000 €.

CONTIA DA AXUDA

O importe máximo de axuda por empresa será de 3.210 € cun máximo do 60% do gasto elixible realizado (5.350 €)

As empresas beneficiarias tamén recibirán, nunha primeira fase, un servizo de asesoramento personalizado para deseñar o plan de acción que despois porán en marcha.

PRAZO

Desde o 28 de febreiro ata o 30 de abril ás 14:00 h.

MÁIS INFORMACIÓN

Para consultar a información completa e/ou presentar a solicitude de forma telemática, accede á Sede electrónica da Cámara de Comercio.

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto con oso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono: 986 42 33 66.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *