TRANSFORMACIÓN DIXITAL E MODERNIZACIÓN DO SECTOR COMERCIAL E ARTESANAL

Esta orde ten por obxecto aprobar as bases polas que se rexerá a concesión de subvencións da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, para a transformación dixital e modernización do sector comercial e artesanal.

BENEFICIARIOS

Poderán ser beneficiarias destas axudas:

  • As persoas físicas ou xurídicas
  • Comunidades de bens
  • Calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas.

Requisitos

  • Comerciantes retallistas:
    • Que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia, que o domicilio social radique na Comunidade Autónoma, que non teñan a consideración de grande establecemento comercial
    • Que, tendo a condición de peme conforme os requisitos establecidos pola Comisión Europea no Regulamento da Unión Europea 651/2014 (DOUE 187, do 26 de xuño), teñan un número de empregados/as igual ou inferior a vinte (20)
    • Que estean dados de alta nalgunhas das epígrafes do IAE que se relacionan no anexo II e III e que esta constitúa a actividade principal da persoa solicitante.
    • Que desenvolvan a actividade comercial nun establecemento comercial cunha superficie de exposición e venda igual ou inferior a 300 metros cadrados, agás que a actividade comercial se encadre na epígrafe 653.1 do IAE.
  • Obradoiros artesáns:
    • Que estean inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. En caso de novos obradoiros, poderán solicitar a inscrición no dito rexistro ata o último día do prazo establecido para a presentación de solicitudes.

GASTO SUBVENCIONABLE

  • OBRADOIROS ARTESÁNS E COMERCIANTES RETALLISTAS CON TENDA FÍSICA
    • Módulo I.
      • Obradoiros artesáns e comerciantes retallistas con tenda física sen páxina web ou páxina web sen actualizar:
        • Actuación subvencionable: a dixitalización básica da contorna comercial omnicanle, que supón obrigatoriamente a realización do conxunto das seguintes actuacións:
        • Implantación ou actualización de páxina web sen venda en liña. A páxina web deberá cumprir os requisitos que figuran.
        • Hardware (sistema TPV ou tablet) e lector de código de barras.
        • Software de pagamento adaptado á actividade comercial desenvolvida (máximo 12 meses).
        • Impresora de código de barras térmica 1D/2D.
        • Ferramentas de márketing dixital (SEO, SEM, ADS, inbound marketing, CRM, web analytics).
    • Módulo II.
      • Obradoiros artesáns e comerciantes retallistas con tenda física e páxina web sen venda en liña, que teñan implantadas todas as actuacións do módulo I:
        • Actuacións subvencionables:
        • Implantación de páxina web con venda en liña.
        • Sistemas dixitais de stock integrado no punto de venda.
        • Ferramentas de márketing dixital (SEO, SEM, ADS, inbound marketing, CRM, web analytics).
        • Loxística e-commerce, que deberá cumprir os requisitos que figuran.
        • Xestor de redes sociais, máximo 12 meses dentro do período subvencionable
      • Obradoiros artesáns e comerciantes retallistas con tenda física e páxina web con venda en liña, que teñan implantadas todas as actuacións do módulo I:
        • Actuacións subvencionables:
        • Mantemento da páxina web (máximo 12 meses). A páxina web deberá cumprir os requisitos que figuran.
        • Melloras dos sistemas dixitais de stock integrado no punto de venda.
        • Melloras das ferramentas de márketing dixital (SEO, SEM, ADS, inbound marketing, CRM, web analytics).
        • Loxística e-commerce, que deberá cumprir os requisitos que figuran no punto 1.1.3.b).
        • Sistemas de click and collect.
        • Xestor de redes sociais, máximo 12 meses dentro do período subvencionable e cos requisitos que figuran.
        • Imaxe dixital.
        • Sistemas dixitais de control de accesos.
  • COMERCIANTES RETALLISTAS SEN TENDA FÍSICA
    • Módulo I. Comerciantes retallistas sen tenda física:
      • Actuación subvencionable: a posta en marcha da actividade comercial con venda en liña, que supón obrigatoriamente a realización do conxunto das seguintes actuacións:
      • Implantación ou actualización de páxina web con venda en liña. A páxina web deberá cumprir os requisitos que figuran.
      • Sistemas dixitais de stock integrado.
      • Ferramentas de márketing dixital (SEO, SEM, ADS, inbound marketing, CRM, web analytics).
      • Loxística e-commerce, que deberá cumprir os requisitos que figuran no punto 1.1.3.b).
      • Xestor de redes sociais, máximo 12 meses dentro do período subvencionable e cos requisitos que figuran no punto 1.1.3.c).
      • Imaxe dixital.
    • Módulo II. Comerciantes retallistas sen tenda física, que teñan implantadas todas as actuacións do módulo I:
      • Actuacións subvencionables:
      • Mantemento da páxina web (máximo 12 meses). A páxina web deberá cumprir os requisitos que figuran no punto 1.1.3.a).
      • Melloras dos sistemas dixitais de stock integrado.
      • Melloras das ferramentas de márketing dixital (SEO, SEM, ADS, inbound marketing, CRM, web analytics).
      • Loxística e-commerce, que deberá cumprir os requisitos que figuran no punto 1.1.3.b).
      • Xestor de redes sociais, máximo 12 meses dentro do período subvencionable e cos requisitos que figuran no punto 1.1.3.c).
      • Imaxe dixital.

CONTÍA

A porcentaxe da subvención será o 80 % dos investimentos máximos subvencionables detallados.

PRAZO

O prazo de presentación de solicitudes remata o  23 de xuño de 2022.

MÁIS INFORMACIÓN

Para máis información podes consultar a ORDE do 22 de abril de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a transformación dixital e modernización do sector comercial e artesanal ou a Sede Electrónica da Xunta (CO300C)

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *