SUBVENCIÓNS PARA ORGANISMOS SEN ÁNIMO DE LUCRO PARA CONTRATACIÓN DE PERSOAS MOZAS

Esta convocatoria vai dirixida ás organizacións intermedias sen ánimo de lucro (asociación empresariais, clústers,....) que teñan centro de traballo en Galicia, para a contratación de persoas mozas desempregadas incluídas no Sistema nacional de Garantía Xuveníl durante un período de 9 meses.
OBXETO

Financiamento de accións de fomento de emprego,  a través da subvención dos custos da contratación durante nove meses de persoas mozas desempregadas, incluídas no Sistema nacional de garantía xuvenil, por parte de organismos intermedios sen ánimo de lucro, co obxecto de proporcionarlles unha experiencia e práctica profesional que facilite a súa inserción laboral (código de procedemento TR349Z).

Esta convocatoria ten por finalidade mellorar a empregabilidade e a inserción profesional das persoas mozas beneficiarias no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

BENEFICIARIOS

Poderán ser beneficiarios das axudas previstas nesta convocatoria:

  • Asociacións empresariais sectoriais ou intersectoriais, incluídas as de carácter tecnolóxico.
  • Consellos reguladores: denominacións de orixe protexidas, indicacións xeográficas protexidas e de agricultura ecolóxica.
  • Agrupacións industriais empresariais (con personalidade xurídica propia, sen ánimo de lucro e domiciliadas en Galicia).
  • Clústeres empresariais.
  • Asociacións de persoas autónomas.

Deberán cumprir os requisitos de: carecer de ánimo de lucro, estar inscritos no correspondente rexistro e dispoñer de centro de traballo en Galicia.

Por outra banda, as persoas traballadoras que sexan contratadas para a realización dos servizos polos que se outorgue a subvención deberán cumprir os seguintes requisitos no momento da selección:

  • Ter feitos os 18 anos e non superar a idade máxima que estableza a normativa vixente do Sistema nacional de garantía xuvenil.
  • Ser desempregadas inscritas como tales no Servizo Público de Emprego de Galicia.
  • Estar inscritas como beneficiarias no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
REQUISITOS DOS SERVIZOS QUE SE PRESTARÁN OS ORGANISMOS A TRAVÉS DESTAS CONTRATACIÓNS

Os servizos que se desenvolvan ao abeiro desta orde deberán posibilitar ás persoas mozas contratadas a realización dun traballo efectivo en tarefas relacionadas co fins do organismo intermedio, que lles procure unha práctica profesional necesaria para a súa integración no mercado de traballo, mellorando as súas posibilidades de empregabilidade.

Deberán cumprir ademáis os seguintes requisitos:

  • Que sexan prestados polos organismos intermedios beneficiarios en réxime de administración directa.
  • Que se presten ou executen no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Duración dos contratos como mínimo, de 9 meses e a xornada a tempo completo.
  • Que o organismo intermedio beneficiario dispoña de asignación orzamentaria suficiente.

Os contratos subvencionados por esta orde serán incompatibles co exercicio de funcións directivas no organismo intermedio beneficiario.

CONTÍAS DE SUBVENCIÓN

A contía da subvención concedida á entidade por cada persoa moza contratada a tempo completo, será  a resultante de aplicar o seguinte baremo:

 IPREMMódulo BECU (persoa contratada/mes)Contía da axuda por 9 meses
Para contratacións no grupo de cotización 1 a 43 veces o IPREM por persoa contratada  2.656,82 €  23.911,38 €
Para contratacións no  grupo de cotización 5 a 92 veces o IPREM por persoa contratada  1.771,21 €  15.940,89 €
Para contratacións nos  grupos de cotización 10 a 111,5 veces o IPREM por persoa contratada  1.328,41 €  11.955,69 €
PRAZO

O prazo para a presentación de solicitudes está aberto ata o 27/02/2023.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

MÁIS INFORMACIÓN

Consulta a  ORDE do 5 de xaneiro de 2023 para as subvencións para organismos se ánimo de lucro para contratación de persoas mozas en garantía xuvenil.

Acceder ao Procedemento de tramitación TR349Z

Para calquera información adicional, podes poñerte en contacto con nós chamando ao teléfono 986 42 33 66.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *