Obxecto
Establécense as bases reguladoras que rexen, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a convocatoria pública en réxime de concorrencia competitiva das axudas e subvencións encadradas nos «programas de cooperación institucionais» destinadas a financiar accións de fomento do emprego en colaboración con entidades sen ánimo de lucro prestadoras de servizos sociais.
Convocanse estas axudas para o ano 2026, mediante a concesión de subvencións para a contratación (nesta convocatoria de 2026) ou prórroga da contratación concedida na convocatoria de 2025, de:
- Axentes de emprego
- Unidades de apoio
Beneficiarios
Entidades sen ánimo de lucro que, conforme aos seus estatutos, desenvolvan accións específicas para a inserción de persoas con discapacidade e/ou en risco de exclusión social, e que estean desenvolvendo actividades de promoción e implantación de políticas activas de emprego (promoción do emprego, autoemprego e desenvolvemento local).
Requisitos adicionais
- Estar adherida á Rede XATEmprego (obrigatorio; se é a primeira vez, hai 1 mes desde a notificación da concesión para adherirse).
- Ter personalidade xurídica, capacidade de obrar e inscrición no rexistro público correspondente.
- Dispoñer de capacidade técnica e de xestión suficiente, presupoñéndose cando concorran polo menos 2 destas 3 circunstancias: centro de traballo propio en Galicia, conexión telemática ou ter contratado por conta allea algún traballador durante máis de 6 meses nos últimos 3 anos (sen que esas contratacións se realizasen con axudas de políticas activas de emprego).
- Acreditar que as persoas contratadas non realizan unha actividade económica segundo a xurisprudencia comunitaria.
Exclusións
- Incompatible con outras subvencións/axudas públicas para a mesma finalidade procedentes de fondos de políticas activas de emprego (en conxunto, non se pode superar o custo total da contratación).
- Non poden ser contratadas ao abeiro desta convocatoria as persoas con funcións directivas na entidade, nin os seus cónxuxes, ascendentes, descendentes ou parentes ata o 2º grao.
- Os contratos subvencionados son incompatibles co exercicio de funcións directivas na entidade beneficiaria.
Actividades subvencionables
Contratación (ou prórroga da concedida en 2025) de:
Axentes de emprego: prospección de recursos e iniciativas empresariais, difusión de oportunidades entre persoas con discapacidade/en risco de exclusión, programas de igualdade de oportunidades, acompañamento técnico e asesoramento a proxectos empresariais, apoio ás persoas promotoras xa constituídas.
Unidades de apoio: colaboran cos axentes de emprego nas súas funcións.
Contía
- Módulo C (axentes de emprego): 3 × IPREM + parte proporcional das pagas extra + cotización empresarial á SS (grupos de cotización 2 a 1).
- Módulo B (unidades de apoio): 2 × IPREM + parte proporcional das pagas extra + cotización empresarial á SS (grupos de cotización 8 a 3).
- Redúcese proporcionalmente se o contrato é a tempo parcial.
- Duración subvencionable: 12 meses (período de contratación entre 2026 e 2027).
- Crédito total da convocatoria: 1.200.000 € (aplicación 14.02.322C.481.8).
Prazo
Do 19 de setembro ao 19 de outubro de 2026.
Máis información
Consulta a ORDE do 9 de setembro de 2026 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades sen ánimo de lucro para a contratación de axentes de emprego e unidades de apoio, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento TR352B).
Acceder ao procedemento de tramitación:
- Código de procedemento TR352B
Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.
O contido desta presentación é só para fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituír a información proporcionada nos documentos oficiais.

