OBXECTO
Axudas para a organización de festivais ou certames cinematográficos de prestixio que teñan lugar na provincia de Pontevedra e que lle dediquen especial atención á programación e a difusión do cine galego e as demais variantes lingüísticas de produción.
ENTIDADES BENEFICIARIAS
As que cumpran os seguintes requisitos:
- Carecer de fins de lucro.
- Ter o domicilio fiscal na provincia de Pontevedra.
- Estar inscritas no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia no ámbito territorial da provincia de Pontevedra.
- Non estar incursas en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade ou prohibicións para percibir subvencións públicas.
- Non estar incursas en ningunha das prohibicións para percibir subvención recollidas na lei.
- Estar ao corrente das obrigas tributarias.
Estas axudas son compatibles con outras subvencións ou patrocinios, públicos ou privados, para o mesmo proxecto ou finalidade.
As entidades beneficiarias serán as únicas responsables da realización dos festivais, das obrigas fiscais e de seguridade social.
REQUISITOS EN CANTO AOS EVENTOS SUBVENCIONABLES
- Levarse a cabo durante o ano 2024.
- Realizarse dentro do ámbito territorial da provincia de Pontevedra
- Ter unha duración mínima de catro xornadas e realizar un mínimo de vinte proxeccións.
- Incluír na programación a proxección de, como mínimo, cinco sesións ou un 10% de títulos de produción cinematográfica ou de dirección galegas.
- Levar un mínimo de catro edicións consecutivas anteriores a esta convocatoria, coa excepcionalidade do ano 2020 (COVID-19).
- Incluír na programación actividades paralelas educativas ou formativas.
- Empregar a lingua galega, como mínimo na comunicación nos diferentes soportes e no desenvolvemento das actividades paralelas.
GASTOS SUBVENCIONABLES
- Infraestruturas e espazos para as proxeccións.
- Gastos de contratación de servizos técnicos e profesionais.
- Xestión de películas.
- Edición de publicacións: gastos de edición do catálogo e dos folletos de programación do festival, certame ou premio.
- Comunicación e prensa.
- Publicidade e difusión.
- Gastos das e dos convidados directamente relacionados co festival.
- Premios ou galardóns oficiais: premios económicos outorgados polo festival, gastos pola fabricación de figuras, galardóns ou trofeos similares que se entreguen como premios do festival ou certame.
- Gastos de implantación de medidas de seguridade hixiénico-sanitarias e laborais.
Todos os gastos subvencionables deberán estar pagados antes de finalizar o prazo de xustificación e non se admitirán aqueles que teñan uns custos superiores aos do mercado.
NON SERÁN SUBVENCIONABLES:
- Os gastos ordinarios de funcionamento e mantemento da entidade e da promotora ou do promotor, tales coma alugueiros de locais, gastos financeiros, licenzas, impostos, asesoría legal, consumos ordinarios (electricidade, gas, auga), entre outros.
- Os gastos de soldos, salarios ou calquera outro tipo de retribución ou remuneración, seguros sociais ou retencións de impostos da promotora ou do promotor, se é persoa física, ou das persoas pertencentes á entidade promotora do festival ou certame.
- O investimento ou a adquisición de material ou equipos que supoñan algún incremento do patrimonio da entidade solicitante.
- Os gastos protocolarios de festas, cócteles, degustacións gastronómicas ou outros eventos similares.
- Os gastos excluídos no artigo 23 da Ordenanza xeral de subvencións da Deputación de Pontevedra.
CRITERIOS PARA A VALORACIÓN E CONCESIÓN
a. Criterios de valoración relativos á edición anterior
- Contribución ao fortalecemento do sector audiovisual galego: ata 10 puntos
- Presenza de obras cinematográficas de autoras e autores de fóra de Galicia: ata 10 puntos.
- Número de sesións de proxección desenvolvidas en todo o festival: ata 10 puntos.
- Asistencia ás proxeccións da edición anterior: ata 5 puntos.
- Actividades e accións paralelas desenvolvidas na edición anterior: máximo de 35 puntos
- Esforzo de difusión e impacto social do festival na edición anterior: ata 10 puntos
- Relación dos eventos e das entidades de fóra de Galicia cos que o festival colaborou na edición anterior (1 punto por cada evento ou entidade colaboradora) : ata 5 puntos
- Viabilidade do proxecto: ata 25 puntos
b. Criterios de valoración da proposta para o ano 2024.
- Antigüidade do festival: ata 25 puntos
- Actividades e accións paralelas previstas: ata 35 puntos
- Viabilidade do proxecto: ata 20 puntos
- Custo total do proxecto subvencionable (co IVE, salvo no caso de ser deducible): ata 30 puntos
c. Calidade e interese da programación do festival. Terase en conta:
- Temática, especialización e diferenciación con respecto a outros festivais ou certames do panorama galego e estatal.
- Contribución ao aumento das posibilidades de difusión posterior nos ámbitos nacional e internacional das obras presentadas.
- Calidade das proxeccións.
- Compromiso e as accións para a necesaria paridade de xénero como elemento democratizador.
- Principios paritarios no contido, equipo organizativo e xurados avaliadores.
- O tratamento das copias e demais condicións que aseguren unha adecuada exhibición das obras audiovisuais.
- Número de obras en primeira presentación oficial con respecto a Galicia e a España.
Rexeitaranse as solicitudes que non acaden un total de 100 puntos, podendo acadarse un máximo de 60 puntos para a edición anterior e a traxectoria do festival e un máximo 40 para o proxecto actual.
Para o resto dos festivais, o reparto proporcional dos importes efectuarase a partir de ese valor mínimo establecido.
CONTÍA
A axuda para a realización de festivais e certames será como máximo do 50% do orzamento presentado para levalos a cabo.
PRAZO SOLICITUDE
Ata o 10 de maio de 2024.
MÁIS INFORMACIÓN
Acceder ao procedemento de tramitación:
Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co Departamento de Apoio ás Asociacións da Mancomunidade, chamando ao teléfono 986 423 366
O contido desta presentación ten unicamente fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituír a información proporcionada nos documentos oficiais.