SUBVENCIÓNS ÁS GALERÍAS DE ARTE PARA A PARTICIPACIÓN EN FEIRAS E MERCADOS DE ARTE FÓRA DE GALICIA 2025

Se tes unha galería de arte que desenvolve a súa actividade en Galicia, agora podes impulsar e promocionar o teu catálogo no exterior, con axudas de ata 4.000 € para participar en feiras e mercados de arte nacionais e de ata 8.000 € cando se trate de eventos internacionais.

Esta convocatoria da Consellería de Cultura ten por obxecto promover e dar a coñecer o talento e os novos valores artísticos galegos dentro e fóra das nosa fronteiras, así como apoiar o sector das artes plásticas e visuais, fomentando a participación das galerías de arte en feiras e mercados de arte que se celebren fóra da Comunidade Autónoma ao longo do ano 2025.

Beneficiarios  

Persoas físicas ou xurídicas titulares de galerías de arte que desenvolvan a súa actividade en Galicia, dedicándose á exposición pública de obras de arte con fins comerciais. Deberán cumprir ademáis cos seguintes requisitos adicionais:

  • Ter asistido e participado nunha feira ou mercado entre o 1 de decembro de 2024 e o 30 de novembro de 2025.
  • Estar de alta no IAE (Imposto de Actividades Económicas) na actividade
  • Inscrición como profesionais dos asistentes á feira.
  • Acreditar a relación dos asistentes á feira e a empresa beneficiaria.

Gastos subvencionables

Serán subvencionables todos os gastos correntes xerados pola asistencia á  feira, festival ou mercado, incluídos:

  • Desprazamento, transporte, aloxamento, mantemento.
  • Cotas de participación e alugueiro de espazos.

Subvencionarase un máximo de dúas persoas asistentes por entidade.

Non serán subvencionables os honorarios profesionais ou similares nin a elaboración de materiais de promoción.

Cada solicitante poderá solicitar axuda paa a asistencia a dúas feiras.

Contía da axuda

  • Feiras nacionais (fóra de Galicia): ata 4.000 €.
  • Feiras internacionais: ata 8.000 €.

O  importe da axuda en ningún caso poderá superar, illadamente ou en concorrencia con subvencións doutras administracións públicas ou privadas, os custes da acción subvencionada.

Estas axudas están suxeitas ao réxime de minimis .

Prazo se solicitude

Do 21 de maio de 2025 ás 09:00h ata o 23 de xuño de 2025, ás 23:59h.

Estas axudas concederase, tendo en conta a data de presentación de solicitudes, sempre que se cumpran os requisitos para ser beneficiario e ata o esgotamento de crédito.

Máis información

Consulta a ORDE do 30 de abril de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións ás galerías de arte para a participación en feiras e mercados de arte fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento CT215C).

Acceder ao procedemento de tramitación: código de procedemento CT215C

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.

Este resumo ten unicamente fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituír a información proporcionada nos documentos oficiais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *