BENEFICIARIOS
Serán destinatarios últimos das axudas, os suxeitos que se enumeran nos seguintes puntos, sempre que realicen unha actividade económica pola que ofrezan bens ou servizos no mercado:
- Persoas físicas que deberán estar dadas de alta no Censo de empresarios, profesionais e retedores da Axencia Estatal de Administración Tributaria.
- Persoas xurídicas.
- Calquera entidade do sector público institucional de calquera administración pública a que se refire o artigo 2.2 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, así como as entidades de dereito privado ou organizacións privadas sen ánimo de lucro.
- Agrupacións, asociacións, consorcios ou calquera outra forma de colaboración de calquera das figuras dos tres puntos anteriores, con ou sen personalidade xurídica.
GASTOS SUBVENCIONABLES
- Realización de instalacións de enerxías renovables térmicas nos sectores industrial, agropecuario, servizos e outros sectores da economía incluíndo o sector residencial, con posterioridade á data de presentación da solicitude de axuda, en aplicación do efecto incentivador.
- Custo elegible unitario da instalación de produción, en €/kW, obtido dividindo o custo elegible total segundo anexo AI.2 pola potencia de produción realmente instalada ( Ps)
- O custo subvencionable unitario corresponderase co devandito valor calculado en base á anterior expresión, a condición de que non se superen os límites de custos subvencionables unitarios máximos, definidos na seguinte táboa para as distintas actuacións, nese caso o custo subvencionable unitario ( Csu) verase limitado por este valor (Csum)
CONTÍA MÁXIMA
Para o Programa de incentivos 1, o importe para outorgar á instalación de produción de enerxía renovable térmica será de 35 puntos porcentuais sobre o custo subvencionable para todas as actuacións subvencionables. A intensidade de axuda incrementarase en 10 puntos porcentuais no caso das axudas concedidas a pequenas empresas e en 5 puntos porcentuais se as axudas van destinadas a medianas empresas.
- % axuda base gran empresa: 35 %
- % axuda base mediana empresa: 40 %
- % axuda base pequena empresa: 45 %
PRAZO
O prazo máximo para presentar as solicitudes remata o 2 de xaneiro de 2024.
PARA MÁIS INFORMACIÓN
Para máis información consultar as bases na RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2022 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de incentivos para a implantación de instalacións de enerxías renovables térmicas en diferentes sectores da economía, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU ou na Sede Electrónica da Xunta (IN422N).