O obxecto desta convocatoria recollida no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra é conceder axudas ás pemes da demarcación da Cámara Oficial de Comercio de Tui para desenvolver Plans de apoio á implementación da “Pyme Cibersegura”, dentro do marco do Programa Plurirrexional de España FEDER 2021-2027 (POPE), cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). Estas axudas están destinadas a impulsar a ciberseguridade nas pemes, co fin de mellorar a súa protección fronte a riscos dixitais.
Beneficiarios
Pequenas e medianas empresas (pemes) da demarcación territorial da Cámara de Comercio de Tui (concellos de O Porriño, Salceda de Caselas, Tui, Tomiño, O Rosal, A Guarda e Oia) que se atopen de alta no Censo do IAE (Imposto de Actividades Económicas) que cumpran os seguintes requisitos:
- Sexan empresas validamente constituídas (non se admiten comunidades de bens e sociedades civís, asociacións, fundacións, UTEs, etc.).
- Estean dadas de alta no IAE antes do 1 de xaneiro de 2023 (exceptúanse sectores primarios como agricultura e pesca).
- Ter unha facturación mínima de 100.000 € no último exercicio.
- Teñan domicilio social e/ou centro produtivo nun dos municipios da demarcación da Cámara de Comercio de Tui (concellos de O Porriño, Salceda de Caselas, Tui, Tomiño, O Rosal, A Guarda e Oia).
- Estean ao corrente das obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
- Non estean en crise segundo o Regulamento (UE) Nº 651/2014.
- Cumpran a norma de minimis (non superar 300.000 € en axudas públicas nos últimos 3 anos).
- Non ter recibido axuda na Fase II en convocatorias do mesmo programa con posterioridade ao 31/12/2023.
Actividades subvencionables
Este programa de axudas subvencionará os gastos asociados á execución do Plan de Implantación por parte dos provedores libremente seleccionados pola empresa beneficiaria. Así, este programa inclúe as dúas accións ou fases de apoio seguintes:
- Fase I. Diagnóstico asistido en ciberseguridade: diagnóstico personalizado de situación para coñecer o seu nivel de ciberseguridade e os riscos cibernéticos aos que está exposta.
- Fase II. Seguimento da implantación: axuda económica para a execución do Plan de implantación das medidas propostas en materia de ciberseguridade. Para cada proxecto definiranse os conceptos, os custos elixibles e os plazos.
Poderán acceder directamente á Fase II empresas que xa participaran na fase I da convocatoria no ano anterior ou nun programa similar de asesoramento en materia de ciberseguridade.
Só se admite unha solicitude por empresa.
Contía das axudas
Os servizos de apoio en materia de ciberseguridade (tanto o asesoramento a través do Diagnóstico Asistido en Innovación como o seguimento da implantación) son gratuítos para as empresas participantes, non supoñendo desembolso algún por parte da PEME beneficiaria. As axudas cobren o 60% dos gastos elixibles (gastos de implantación), sendo a axuda máxima por empresa de 2.568,00 €, sobre un orzamento máximo subvencionable de 4.280,00 €.
A empresa terá que achegar o 40% restante.
Prazo
Inicio prazo de solicitudes: 26 de maio do 2025 as 9:00 horas
Fin prazo de solicitudes: 12 de setembro do 2025 as 14:00 horas.
As axudas concederanse por orde de entrada da solicitude.
Máis información
Consulta a Convocatoria Programa Pyme Cibersegura 2025- Cámara Oficial de Comercio de Tui.
Acceder ao procedemento de tramitación: 832202
Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto coa Cámara de Comercio de Tui, chamando ao teléfono 986 600 216.
Este resumo ten unicamente fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituír a información proporcionada nos documentos oficiais.