Programa II. Bono nova oportunidade das persoas traballadoras autónomas 2026 (Código de procedemento TR790A).

Axudas do Programa Nova oportunidade para as persoas traballadoras autónomas que cesaron na súa actividade e van volver emprender o negocio, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

BENEFICIARIOS
  • Persoas autónomas que teñan sido autónomas con anterioridade, que queren volver emprender.
  • Persoas traballadoras autónomas que forman parte de comunidades de bens, sociedades civís ou outras entidades sen personalidade xurídica de nova creación, sempre que as soliciten a título persoal. Neste caso, a entidade deberá estar constituída previamente á presentación da solicitude e, en todo caso, con data posterior ao 1 de outubro de 2025.
  • Quedan excluídas as persoas traballadoras autónomas que xa foran beneficiarias con anterioridade desta axuda, membros de entidades de economía social e persoas autónomas administradoras que non acrediten participación na empresa ou negocios, autónomas colaboradoras  e membros das sociedades mercantís e sociedades laborais
REQUISITOS

a) Ter causado alta no réxime especial de traballadores autónomos (RETA) ou calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, no período do 1 de outubro de 2025 ao 30 de setembro de 2026, e atoparse de alta no momento da solicitude.

b) Ter unha alta inicial  no RETA antes desta nova alta, dentro dos últimos 5 anos desde o 4 de febreiro de 2021.

 c) Ter cotizado anteriormente durante 3 meses ininterrompidos na súa vida laboral no réxime especial de traballadores autónomos (RETA) ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional.

d) Estar inscrito/a como persoa demandante de emprego nos servizos públicos de emprego con carácter previo á nova alta e carecer de ocupación efectiva, non ter contrato laboral en vigor e atoparse en tal situación na data inmediatamente anterior á de inicio da actividade laboral, mantendo a alta no RETA no momento da tramitación e durante un tempo mínimo de 24 meses desde a nova alta.

e) Transcorrer un período mínimo de seis meses entre a nova alta na Seguridade Social e a anterior baixa.

f) Ter o domicilio fiscal en Galicia, e desenvolver a súa nova actividade económica ou profesional en Galicia.

g) Ter iniciada a actividade con anterioridade á presentación da subvención.

 h) Ter dado a baixa no imposto de actividades económicas da actividade precedente.

INCOMPATIBILIDADES E CONCORRENCIA

1. Esta axuda será incompatible coas axudas que polos mesmos conceptos e gastos poidan outorgar as administracións públicas, en concreto coas axudas á promoción do emprego autónomo (TR341D) convocadas para o exercicio 2025 e para o exercicio e 2026, coas axudas do programa Emega (SI429A), convocadas para o exercicio 2026, coas axudas do Programa I de fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais (TR802G) do programa Aprol-Economía social convocadas para o exercicio 2026, co programa de incentivos ás  IEBTs (TR340E) de 2026 e coa orde de promoción do autoemprego das persoas galegas retornadas (PR937A) para oa exercicios 2025 e 2026.                                                                                                  

2. Esta axuda será compatible co Programa II: fomento do acceso á condición de persoa socia (TR802J) do programa Aprol-Economía social e co Programa Re-Acciona da Conselleria de Economía e Industria para o ano 2026.

CONTÍA DAS AXUDAS

Conta cun crédito de 1.500.000,00 €.

Se o orzamento asignado non é suficiente para pagar todas as axudas solicitadas, aplicarase como criterio de prioridade a data de presentación. Para estes efectos, terase en conta a data en que a correspondente solicitude se presentou.No caso de coincidencia na data de presentación entre dúas ou más solicitudes presentadas, a orde de prioridade virá determinada pola hora.

Poderase ampliar a contía máxima dos créditos dispoñibles para esta convocatoria e estará condicionado á declaración con créditos incluídos no mesmo programa.

A axuda do bono alta Nova oportunidade será dunha contía de 7.500 € dirixida ás persoas que cumpran os requisitos, e se incrementará en 500 € no caso de que a beneficiaria sexa unha muller.

PRAZO

Prazo inicial de solicitudes: 11/02/2026

Prazo remate solicitudes:   30/09/2026

NORMATIVA ORDE do 27 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas de axuda as personas traballadoras autónomas, co inanciadas parcialmente pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede a súa convocator   CÓDIGO DE PROCEDEMENTO: TR790A
IMPORTANTE! Segundo o artigo 35 a), haberá que presentar documentación que acredite a posta en marcha da actividade: facturas de compra de maquinaria, de alugueiro, de compra de mercadorías ou de calquera outro documento que acredite suficientemente a actividade e a posta en marcha da empresa ou do negocio. Estas axudas quedan sometidas ao réxime de minimis.

Este resumo ten unicamente fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituír a información proporcionada nos documentos oficiais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *