PROGRAMA HORIZONTE EUROPA E OUTROS PROGRAMAS OU INICIATIVAS EUROPEAS DE I+D+i 2024

Se tes unha peme e estás traballando nun proxecto de I+D+i, xa podes solicitar as subvencións para fomentar sinerxías e complementariedades co programa Horizonte Europa 2024

A Axencia Galega de Innovación pretende impulsar a competitividade internacional das pemes e organismos de investigación galegos no ámbito I+D+i a través destas subvencións apoiadas con fondos FEDER. Estas axudas outorgaranse por orde de chegada das solicitudes ata o esgotamento.

BENEFICIARIOS

  • As pemes e os organismos de investigación galegos (sempre que na proposta para a que solicite o bono participe tamén unha peme).

Requisitos entidades beneficiarias:

  1. Estar validamente constituídas no momento da presentación da solicitude.
  2. Ter o domicilio social ou un centro de traballo en Galicia.
  3. Non concorrer nelas algunha das prohibicións recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007.

CARACTERÍSTICAS E REQUISITOS DOS BONOS

Requisitos dos bonos para a preparación de propostas europeas de I+D+i:

  1. Os bonos deberán solicitarse para a preparación de propostas que se vaian presentar antes do 30 de novembro de 2024 a convocatorias de I+D+i do programa Horizonte Europa ou doutros programas ou iniciativas europeas.
  2. As propostas deberán cumprir os seguintes requisitos
  3. As propostas deberán presentarse a convocatorias do programa Horizonte Europa ou de outras iniciativas europeas de I+D+i.
  4. Deberán ser propostas que se presenten a convocatorias dunha única fase ou, no caso de convocatorias con procedementos de avaliación de dúas fases, ser propostas completas que se presenten á segunda delas.
  5. Non poderá solicitarse un bono para unha proposta xa presentada ao programa Horizonte Europa ou outra iniciativa europea de I+D+i.
  6. Todas as propostas apoiadas deberán achegar o informe de avaliación ESR.
  7. Só poderán optar ao premio as propostas que xustificasen de forma axeitada a 1ª fase do bono.

GASTOS SUBVENCIONABLES

Gastos subvencionables nos bonos:

  • Gastos de contratación de entidades especializadas para a preparación de propostas.
  • pagamento das facturas da entidade consultora terá que ser anterior ao 15 de decembro do ano da convocatoria anual á cal se solicitou o bono.

CONTÍAS DAS AXUDAS

INTENSIDADES MÁXIMAS BÁSICAS
Bono inicial para a preparación da proposta europea30%
Incentivo/premio no caso de que a proposta supere os límites da convocatoria europea de I+D+i20%
INTENSIDADES MÁXIMAS
Bonos solicitados por pemes no caso en que no consorcio participe polo menos un organismo de investigación galegoBono inicial para a preparación da proposta europea35%
Incentivo/premio no caso de que a proposta supere os limiares da convocatoria europea de I+D+i25%
Bonos solicitados por organismos de investigación no caso en que no consorcio participe máis dunha peme ou a proposta se presente a unha convocatoria europea de financiamento en cascadaBono inicial para a preparación da proposta europea35%
Incentivo/premio no caso de que a proposta supere os limiares da convocatoria europea de I+D+i25%
IMPORTES MÁXIMOS DO BONO
Nº socios do consorcio da propostaRol do solicitante na proposta
SocioCoordinador ou solicitante único
≥ 5 socios7.000 €17.000 €
< 5 socios ou solicitante único5.000 €10.000 €

Estas axudas quedan sometidas ao réxime de minimis.

PRAZO

Desde o 14 de febreiro ata o 15 de novembro de 2024.

MÁIS INFORMACIÓN

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para fomentar sinerxías e complementariedades co programa Horizonte Europa e outros programas ou iniciativas europeas de I+D+i a través de apoios para a preparación de propostas (bonos) e o financiamento de propostas excelentes que contan co Selo de excelencia da Comisión Europea (rescate de selos de excelencia)

CÓDIGO DE PROCEDEMENTO: IN851B

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.

O contido desta presentación ten unicamente fins informativos;  en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituir a información proporcionada nos documentos oficiais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *