PROGRAMA #DESCUBREGALICIAENOUTONO 2025

¿Tés un aloxamento turístico ou unha axencia de viaxes? Se queres darlle un pulo ao teu negocio e aumentar as vendas este outono, únete ao programa #DescubreGaliciaenOutono. Os establecementos poderán adhrirse ata o 1 de decembro.

A Xunta de Galicia pon de novo en marcha, neste ano 2025, o programa  #DescubreGaliciaenOutono, un programa que ten como  obxectivo incentivar a demanda interna de servizos turísticos e impulsar o turismo galego en outono, buscando, con isto, prolongar a actividade dos establecementos turísticos e dinamizar a economía e o emprego turístico.

O programa  funciona a través da concesión de “bonos desconto” ou “bonos turísticos” para as persoas usuarias (clientes) cun valor de 150 € por persoa que poderán utilizar nos establecementos adheridos ao programa.

Beneficiarios: quen pode adherirse

  • Os establecementos de aloxamento turístico da Comunidade Autónoma de Galicia: establecementos hoteleiros, campamentos de turismo, establecementos de turismo rural, apartamentos turísticos, vivendas turísticas e albergues turísticos.
  • As axencias de viaxes que teñan un centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia e que desenvolvan as súas actividades dentro do sector turístico vinculado a Galicia e presten os servizos, actividades ou produtos vinculados a este programa na Comunidade Autónoma de Galicia.

En ambos casos, os establecementos teñen que estar dados de alta no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas (REAT) da Xunta de Galicia.

Actividades subvencionables (servizos que poden pagarse co bono)

  • Os servizos que presten os establecementos hoteleiros, apartamentos turísticos, vivendas turísticas, campamentos de turismo, establecementos de turismo rural e albergues da Comunidade Autónoma de Galicia, sempre cunha estadía mínima dunha noite.
  • Os paquetes turísticos que oferten as axencias de viaxes  sempre que nos devanditos paquetes se inclúa o aloxamento en establecementos hoteleiros, apartamentos turísticos, vivendas turísticas, campamentos de turismo, establecementos de turismo rural e albergues da Comunidade Autónoma de Galicia.

Os gastos deberán realizarse entre o 15 de setembro e o 25 de decembro de 2025, ambos incluídos (período de validez dos bonos).

Como funciona o bono turístico 

  • Os bonos serán descargados polas persoas usuarias (clientes) na web www.bonoturismo.gal  e utilizados posteriormente nos establecementos adheridos. Cada persoa poderá descargar ata 2 bonos de 150 € cada un, cofinanciados nun 40% pola Xunta de Galicia e nun 60% polo solicitante.
  • Estarán dispoñibles para a súa descarga por parte das persoas usuarias desde o día 18 de xullo ata o 19 de decembro de 2025 .
  • Terán un formato dixital a través dun código QR, que ten carácter persoal e intransferible, e poderán utilizarse nunha aplicación que permita realizar pagamentos (wallet ou similar).
  • Para trocar e utilizar os bonos, os establecementos de aloxamento turístico e de axencias de viaxes terán que descargar no seu móbil a App de bonos turísticos.
  • O importe do bono irase reducindo en función do valor do gasto e poderá imputarse a un ou varios gastos de aloxamento. No momento de aboar o gasto correspondente ao aloxamento ou paquete turístico, as persoas usuarias deberán mostrar o seu bono en formato código QR para obter o desconto. Pola súa banda,  as persoas titulares dos establecementos de aloxamento turístico e de axencias de viaxes terán que introducir na App o importe e o concepto do gasto e validar a operación. Se o saldo do bono non fose suficiente, as persoas usuarias deberán pagar  o resto en efectivo ou con tarxeta, ata chegarao importe final do gasto realizado.
  • As persoas titulares dos establecementos e das axencias adheridos ao programa recibirán cunha periodicidade semanal, na conta bancaria indicada para tal efecto, a cantidade equivalente aos bonos trocados no seu establecemento.

Actividades subvencionables

  • Os servizos que presten os establecementos hoteleiros, apartamentos turísticos, vivendas turísticas, campamentos de turismo, establecementos de turismo rural e albergues da Comunidade Autónoma de Galicia, consistentes nunha estancia mínima dunha noite nos ditos aloxamentos turísticos.
  • Os paquetes turísticos que oferten as axencias de viaxes que teñan un centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia e desenvolvan as súas actividades dentro do sector turístico vinculado a Galicia, sempre que nos devanditos paquetes se inclúa o aloxamento en establecementos hoteleiros, apartamentos turísticos, vivendas turísticas, campamentos de turismo, establecementos de turismo rural e albergues da Comunidade Autónoma de Galicia.

Os gastos deberán realizarse entre o 15 de setembro ata o 25 de decembro de 2025 (ambos incluídos)

Obrigas dos establecementos

a) Anunciar no exterior do establecemento, nun lugar visible, a adhesión ao programa mediante a colocación dos correspondentes materiais publicitarios coa imaxe corporativa do programa.

b) Facer o desconto directo dos bonos nos tíckets ou facturas de compra emitidos, de xeito que as persoas usuarias non cheguen a realizar, en ningún caso, o desembolso do importe descontado.

c) Someterse ás actuacións de comprobación e vixilancia necesarias por parte da Axencia de Turismo de Galicia para verificar o adecuado funcionamento e xestión dos bonos e do programa en xeral.

d) Conservar durante un ano todos os tíckets ou facturas de compra xustificativos da aplicación dos bonos, para que poidan ser obxecto de comprobación e control por parte da Axencia de Turismo de Galicia.

e) Custodiar con dilixencia as claves de acceso á plataforma co fin de evitar o seu uso indebido.

f) Os establecementos adheridos non poden negarse a aplicar o bono, cando lle sexa solicitado pola clientela. O incumprimento suporá a baixa no programa

Contía dos bonos e porcentaxe de achega

Importe bonoAchega
Administración%Persoa Beneficiaria%
150,00€60,00€4090,00€60

Prazo 

O prazo que teñen os establecementos turísticos e axencias de viaxes para adherirse ao programa estará aberto dende o 15 de xullo de 2025 ata o 1 de decembro de 2025.

Para as persoas usuarias, os bonos estarán dispoñibles para a súa descarga dende  o día 18 de xullo ás 9.00 h. ata o 19 de decembro de 2025, ambos inclusive, salvo esgotamento previo do seu saldo.

Máis información

Consulta a RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, do programa #DescubreGaliciaenOutono a través dos bonos turísticos, se convocan para o ano 2025 e se abre o prazo para a adhesión dos establecementos de aloxamento turístico e axencias de viaxes (código de procedemento TU985F).

Acceder á tramitación: código de procedemento TU985F

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.

Este resumo ten unicamente fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituír a información proporcionada nos documentos oficiais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *