PROGRAMA DE AXUDAS PARA IMPLANTAR A IGUALDADE LABORAL, A CONCILIACIÓN E A RESPONSABILIDADE SOCIAL EMPRESARIAL (RSE), E SE PROCEDE Á SÚA CONVOCATORIA PARA O ANO 2023

Se eres autónomo ou tes unha peme con persoas traballadoras a cargo e queres implantar un plan de igualdade, mediadas de conciliación ou unha certificación de RSE, podes solicitar o Programa de axudas para implantar a igualdade laboral, a conciliación e a responsabilidade social empresarial (RSE).

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e convocar, para o ano 2023, en réxime de concorrencia competitiva, axudas e incentivos a pemes, a persoas traballadoras autónomas con persoas traballadoras a cargo e para implantar: a igualdade laboral (Liña I), adoptar medidas de corresponsabilidade e de conciliación da vida familiar, persoal e laboral (Liña II), así como implantar sistemas de xestión de responsabilidade social empresarial (RSE) (Liña III),no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Beneficiarias

Liña I: elaboración e implantación de plans de igualdade

  • As empresas solicitantes poderán ser pemes ou persoas traballadoras autónomas, que teñan subscritos contratos con persoas traballadoras por conta allea con domicilio social e centro de traballo en Galicia e que estean validamente constituídas no momento de presentar a solicitude de axudas.
  • As empresas deberán contar como mínimo con dez persoas traballadoras e cun máximo de 49. Para os efectos de determinar o número de persoas traballadoras na empresa, atenderase ao número de persoas traballadoras por conta allea na data da presentación da solicitude. As empresas deberán manter o número mínimo de persoas traballadoras exixido para cada liña durante todo o período establecido (día 1 de xaneiro de 2023 e ata o 31 de outubro de 2023).

Liña II: conciliación que, pola súa vez, comprende tres subliñas:

  • Subliña II.1. Incentivos para fomento do teletraballo: incentivarase a adopción de acordos laborais de teletraballo.
  • Subliña II.2. Incentivos para o fomento da flexibilidade horaria: incentivarase a adopción de acordos laborais de flexibilidade horaria.
  • Subliña II.3. Subvencións para a adquisición de elementos tecnolóxicos que posibiliten o teletraballo.

Liña III: certificacións de RSE.

  • As empresas solicitantes poderán ser pemes ou persoas traballadoras autónomas, que teñan subscritos contratos con persoas traballadoras por conta allea con domicilio social e centro de traballo en Galicia e que estean validamente constituídas no momento de presentar a solicitude de axudas.  As empresas deberán contar cun mínimo de cinco persoas traballadoras.
Accións subvencionables

Liña I:  elaboración e implantación de plans de igualdade. Obxecto de subvención conxuntamente ou por separado, os conceptos:

  • Os custos da elaboración dunha diagnose da empresa desde a perspectiva de xénero.
  • Os custos derivados da elaboración dun plan de igualdade que recolla as accións ou medidas que corrixan as deficiencias detectadas na diagnose previa e que, como mínimo, deberá conter as medidas establecidas no capítulo III do Real decreto 901/2020, do 13 de outubro.
  • Os custos derivados da implantación das medidas previstas no plan de igualdade que xa teña aprobado a entidade para o seu primeiro ano de vixencia.
  • A contratación, no grupo de cotización 1 ou 2, a xornada completa e, como mínimo, dun ano dunha persoa con titulación de grao e con experiencia e/ou coñecementos acreditados en materia de igualdade, co obxecto de asesorar e coordinar en calquera das fases de elaboración e implantación do plan de igualdade.
  • Poderán ser subvencionables as accións para as cales concede a axuda ou incentivo que se realicen entre o día 1 de xaneiro de 2023 e ata  o 31 de outubro de 2023.
Contía

Liña I: elaboración e implantación de plans de igualdade.

  1. Ata o 80 % dos custos que comporte o proceso de diagnose previa da empresa cun máximo de 3.000 € nas empresas de ata 20 persoas traballadoras, e ata de 5.000 € nos demais supostos.
  2. Ata o 80 % dos custos derivados da elaboración dun plan de igualdade, cun máximo de 1.500 € nas empresas de ata 20 persoas traballadoras, e ata de 3.000 € nos demais supostos.
  3. Ata o 80 % dos custos derivados da implantación das medidas prioritarias previstas na primeira fase do plan de igualdade cun custo máximo de 1.000 € nas empresas de ata 20 persoas traballadoras, e ata 2.000 € nos demais supostos.
  4. Unha contía de 12.000 € pola contratación, como mínimo, dun ano dunha persoa experta en igualdade.
  5. A contratación prevista no número 4 é compatible coas axudas previstas nas letras 1, 2 e 3.
  6. Importe total de 250.000 €.

Liña II: conciliación.

Subliña 1. Incentivos económicos para o fomento do teletraballo:

  • As axudas consistirán nun incentivo de 2.000 € por persoa traballadora cun acordo de teletraballo, ben por adaptación do contrato que teña na empresa ou ben pola realización dun novo contrato para unha persoa non vinculada á empresa, co límite máximo de 8.000 euros por empresa.
  • O límite máximo incrementarase en 1.000 euros para aquelas empresas enque a taxa de ocupación feminina sexa polo menos igual á masculina.

Subliña 2. Incentivos económicos para o fomento da flexibilidade horaria:

  • As axudas consistirán nun incentivo de 8.000 € por empresa solicitante. O límite máximo incrementarase en 1.000 € para aquelas empresas en que a taxa de ocupación feminina sexa polo menos igual á masculina.

Subliña 3: Subvencións para a adquisición de elementos tecnolóxicos que posibiliten o teletraballo

  • As axudas consistirán nunha subvención de ata o 80 % do investimento, co tope de 1.500 € por persoa traballadora beneficiada e co límite máximo de 20.000 €s por empresa.
  • A axuda verase incrementada nun 10 % para aquelas empresas en que a taxa de ocupación feminina sexa, cando menos, igual á masculina.

Liña III: certificacións de RSE

  • Será o pagamento do 80 % dos custos da certificación obtida cun máximo de 2.000 € por empresa.
Requisitos

Liña I: elaboración e implantación de plans de igualdade.

1.As solicitantes deberán estar nalgún dos supostos seguintes:

  • Empresas que implanten dunha maneira voluntaria un plan de igualdade nos termos exixidos para os plans legalmente obrigatorios.
  • Cando a empresa implante, en cumprimento da obriga establecida nun convenio colectivo de ámbito superior á empresa, un plan de igualdade nos termos exixidos para os plans legalmente obrigatorios.

Non poderán ser beneficiarias das axudas do suposto 4 da liña I aquelas empresas de consultoría ou asesoría que teñan entre as súas actividades o asesoramento na elaboración e implantación de plans de igualdade ou a formación en igualdade.

Liña II: conciliación.

Subliña 1. Incentivos económicos para o fomento do teletraballo:

  • O teletraballo, xa forme parte da descrición inicial do posto de traballo ou se inicie posteriormente, debe en ambos os casos documentarse mediante o acordo individual de teletraballo.
  • O acordo de teletraballo debe indicar, de forma separada e numerada, debendo fixar un número mínimo de horas de dedicación ao teletraballo que non poderá ser inferior ao 50 % da xornada semanal ordinaria.

Subliña 2. Incentivos económicos para o fomento da flexibilidade horaria:

  • O acordo adoptado deberá detallar as medidas que se van implantar de xeito que queden reflectidas as melloras propostas con respecto á situación anterior e o compromiso de que as ditas medidas se manterán durante a duración do acordo

Subliña 3. Subvencións para a adquisición de elementos tecnolóxicos que posibiliten o teletraballo:

  • Acordo de teletraballo en vigor.
  • Orzamento desagregado por conceptos dos gastos derivados do investimento que se vai realizar (sen IVE).

Liña III: certificacións de RSE

  • As empresas deberán contar cun mínimo de cinco persoas traballadoras.
Prazo

O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto ata o 10/03/2023.

Máis información

Consulta a ORDE do 31 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de axudas para implantar a igualdade laboral, a conciliación e a responsabilidade social empresarial (RSE), e se procede á súa convocatoria para o ano 2023

Acceder ao procedemento de tramitación:

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria tamén podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *