PROGRAMA BONO PERSOAS AUTÓNOMAS 2026

PROGRAMA BONO PERSOAS AUTÓNOMAS 2026

A Orde de 30 de decembro de 2025 aproba as bases reguladoras polas cales se rixe a convocatoria pública de axudas do Programa III correspondente ao Bono das persoas traballadoras autónomas, dirixidas ás persoas autónomas xa consolidadas, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, para impulsar a mellora da competitividade dos seus negocios mediante investimentos relacionados directamente cos mesmos, para o ano 2026. (Código de procedimento TR341Q)

PERSOAS BENEFICIARIAS

As persoas traballadoras autónomas que estean de alta no réxime especial de autónomos ou en mutualidade de colexio profesional que na data da solicitude teñan unha antigüidade superior a 42 meses ininterrompidos na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional e que teñan un rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas declarados na declaración do IRPF anual inferior a 50.000€ e unha facturación mínima anual de 12.000€ , IVE incluído, na declaración referida ao ano 2024.

As sociedades de calquera clase e comunidades de bens con domicilio fiscal en Galicia que:

  • Na data da solicitude teñan unha persoa aútonoma societaria cunha antigüidade superior a 42 meses ininterrompidos na realización efectiva dunha actividade empresarial, No suposto de persoas autónomas administradoras, terán a consideración de autónomo societario se forman parte da sociedade nunha porcentaxe igual ou superior ao 25 % da súas participacións ou igual ou superior do 33 % do seu capital.
  • Teñan unha facturación mínima anual de 12.000€ , IVE incluído, na declaración referida ao ano 2024.
  • Teñan unha base impoñible no imposto de sociedades da declaración realizada referida ao ano 2024 inferior a 50.000€. No caso de entidades que tributen en réxime de atribución de rendas, este importe de 50.000€ referirase ao rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas declaradas no IRPF de cada un dos membros da entidade solicitante.

Quedan excluídos desta orde:

  • As persoas autónomas colaboradoras e os familiares que, de maneira habitual, realizan traballos para persoas traballadoras autónomas ou mutualistas de colexio profesional e que non teñan a condición de persoas traballadoras por conta allea.
  • As persoas autónomas administradoras (salvo que formen parte da sociedade nunha porcentaxe superior ao 25% das súas participacións ou do 33% do seu capital)
  • As persoas autónomas e sociedades que cobrasen a axuda do bono das persoas autónomas nalgunha das últimas cinco convocatorias.

Obrigas

Dentro das obrigas das persoas beneficiarias expostas nesta orde, destacamos as seguintes:

  • Permanecer de alta no RETA ou na mutualidade de colexio profesional durante un tempo mínimo de 2 anos desde a solicitude da subvención.
  • Dispor do modelo de cartel informativo de que a entidade está sendo subvencionada pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade. Este cartel deberá estar exposto durante 12 meses
ACCIÓNS SUBVENCIONABLES
  1. Poderase conceder para a mellora da competitividade da actividade empresarial das persoas beneficiarias unha subvención do 60% da actividade que se vai subvencionar, cun límite máximo de 7.000 € de axuda polo conxunto de actividades subvencionables e o resto do gasto será por conta da persoa beneficiaria.
  • Esta axuda terá unha liña de actuación, de mellora da competitividade, a través dos seguintes investimentos:
  • Compra de maquinaria.
  • Compra e/ou instalación para a mellora da eficiencia enerxética.
  • Inversións para a substitución de combustibles fósiles ou materiais críticos ou escasos.
  • Compra de utensilios e ferramentas.
  • Reforma do local ou espazo do negocio. (presentarase unha fotografía do local antes da reforma e outra feita despois da reforma)
  • Equipamento informático.
  • Equipamento de oficina e/ou negocio.
  • Rótulos.
  • Aplicacións informáticas, páxinas web, apps e redes sociais.
  • Deseño de marca.

Quedan excluídos os teléfonos móviles ou smartphones, así como a mercadoría e xestión de páxinas web, rrss e similares. Tamén se exclúen os vehículos de transporte que non teñan a consideración de maquinaria.

No suposto de adquisición, construción, rehabilitación e mellora de bens inventariables, a persoa beneficiaria deberá destinar os bens ao fin concreto para o cal se concedeu a subvención, que non poderá ser inferior a 5 anos en caso de bens inscritibles nun rexistro público, nin a 2 anos para o resto de bens.

No caso de reforma do local do negocio exclúese da axuda o domicilio habitual da persoa traballadora autónoma, excepto no caso en que quede acreditado que é imprescindible para o desenvolvemento da actividade do negocio.

A través desta axuda serán subvencionables os gastos realizados e pagados desde o 1 de outubro de 2025 e ata a data da solicitude da axuda, efectivamente xustificados, mediante facturas emitidas no período subvencionable e documentos bancarios acreditativos do seu pagamento. As ditas facturas e documentos bancarios acreditativos do seu pagamento.

XUSTIFICACIÓN E PAGAMENTO
  • A persoa beneficiaria deberá xustificar a aplicación de fondos mediante a presentación das facturas e o seu correspondente xustificante bancario de pagamento, onde se identifique de xeito claro as características e o custo do investimento. As facturas que se presenten deberán ser por un importe mínimo de 100 € IVE excluído
  • Considerase gasto realizado o que foi efectivamente pagado entre o 1 de outubro de 2025 e a data de presentación da solicitude. Entenderase que queda por conta da persoa beneficiaria a diferenza de financiamento necesario para a total execución da actividade subvencionada
  • As facturas deberán estar emitidas e pagadas ata o 30 de setembro de 2026
  • A xustificación do pagamento dos gastos deberase acreditar a través de transferencia bancaria, certificación bancaria ou extracto bancario de pagamento
PRAZO

Desde o 11 de febreiro ata o 30 de setembro de 2026

MÁIS INFORMACIÓN

Subvención incompatible coas axudas que polos mesmos conceptos e gastos podian outorgar as administracións públicas

En ningún caso o importe poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos, concedidos por outras administracións ou entes públicos ou privados, estatais, da UE ou de organismos internacionais, supere o 80 % do custo da actividade que vaia desenvolver a persoa beneficiaria

Axudas baixo condicións de minimis

NON ESQUECER: ¡¡¡ A PERSOA OU EMPRESA SOLICITANTE DEBE TER UNHA ANTIGÜEDADE DE 42 MESES!!! ¡¡¡ A TRAVÉS DESTA AXUDA SERÁN SUBVENCIONABLES OS GASTOS REALIZADOS DESDE O 1 DE OUTUBRO DE 2025 E ATA A DATA DA SOLICITUDE DA AXUDA, EFECTIVAMENTE XUSTIFICADOS, MEDIANTE FACTURAS E DOCUMENTOS BANCARIOS ACREDITATIVOS DO SEU PAGAMENTO!!! ¡¡¡ A PERCEPCIÓN DESTA AXUDA OBRIGA A MANTER A ACTIVIDADE DURANTE UN MÍNIMO DE 24 MESES. A XUNTA SOLICITARÁ DEVOLUCIÓN DAS AXUDAS, NO CASO CONTRARIO!!!
NORMATIVA ORDE do 30 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas de axuda as personas traballadoras autónomas, co inanciadas parcialmente pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede a súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento TR341Q)   CÓDIGO DE PROCEDEMENTO: TR341Q

Este resumo ten unicamente fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituír a información proporcionada nos documentos oficiais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *