BENEFICIARIOS
Poderán ser persoas beneficiarias das subvencións as persoas físicas e xurídicas titulares de establecementos turísticos de aloxamento e de restauración. (No caso de empresas, deben estar comprendidas na definición de pequena e mediana empresa).
GASTO SUBVENCIONABLE
Consideraranse actuacións subvencionables todos aqueles investimentos netos que se inicien a partir do 1 de xaneiro de 2022. En ningún caso se admitirán nin facturas nin xustificantes de pagamento anteriores á dita data. O investimento neto admitido será de ata 100.000 €. No caso de que o orzamento de execución do proxecto presentado coa solicitude de subvención sexa superior ao dito límite, requirirase o solicitante para que reaxuste a cifra ao límite establecido. Concretamente, poderán ser obxecto de subvención os seguintes investimentos:
- Actuacións destinadas a mellorar as condicións de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas.
Obras destinadas á mellora das instalacións coa finalidade de obter certificacións de calidade, en especial o Q de Calidade Turística. - Actuacións destinadas á adaptación ás modificacións normativas e á mellora da clasificación do establecemento que supoñan un incremento de categoría.
- Actuacións de renovación e modernización das instalacións e embelecemento do contorno da instalación.
Equipamentos mobles necesarios para o funcionamento. - Actuacións de mellora da climatización que favorezan a sustentabilidade coa implementación de medidas de aforro enerxético, así como a instalación ou mellora de sistemas de extracción e renovación do aire.
Actuacións de dixitalización dos sistemas de xestión e comercialización do establecemento. - Adaptación dos sistemas de seguridade e saúde na prestación de servizos.
- Os servizos profesionais vinculados ao proxecto, como honorarios técnicos de redacción do proxecto e de dirección de obra. Os honorarios técnicos non serán superiores ao 6 % do investimento neto admitido.
CONTÍA
O importe máximo da axuda a cada entidade beneficiaria será de 50.000 €.
PRAZO
O prazo máximo para a presentación de solicitudes será ata o 7 de marzo de 2022.
RÉXIMEN DE COMPATIBILIDADE
Esta axuda é perfectamente compatible coas ás axudas de minimis. É necesario garantir que non se supera o límite de 200.000 € nun período de tres exercicios fiscais.
Son igualmente compatibles coa percepción doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou entes públicos ou privados, estatais, da Unión Europea ou de organismos internacionais, pero o seu importe, en ningún caso, poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos, supere o custo da actividade subvencionada. Porén, estas axudas son incompatibles, en calquera caso, coas axudas que se reciban da Axencia Turismo de Galicia a través da convocatoria para actuacións de mellora paisaxística e de embelecemento de bens e recursos que se atopen no Camiño de Santiago (Código de procedemento TU501D).
MÁIS INFORMACIÓN
Para máis infromación podes consultar as bases na RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para actuacións de mellora das infraestruturas dos establecementos turísticos de aloxamento e de restauración da Comunidade Autónoma de Galicia ou acudindo á Sede electrónica da Xunta de Galicia (TU503A).