Convócase o programa bono Activa comercio coa intención de incentivar a demanda comercial, axudando economicamente ás persoas consumidoras, así como fomentar o consumo nos establecementos comerciais retallistas adheridos á campaña.
Cada bono terá un valor de 30 €, e os usuarios poderán obter os seguintes descontos (IVE incluído):
- Desconto de 5 € en compras iguais ou superiores a 20 € e inferiores a 30 €.
- Desconto de 10 € en compras iguais ou superiores a 30 € e inferiores a 50 €.
- Desconto de 15 € en compras iguais ou superiores a 50 €.
Cada persoa beneficiaria disporá dun único bono, que poderá ser usado nun ou varios dos comercios retallistas adheridos ao programa.
ESTABLECEMENTOS BENEFICIARIOS
Establecementos retallistas radicados en Galicia
REQUISITOS
- Desenvolver a súa actividade comercial en Galicia
- Que sexan persoas empresarias autónomas ou pequenas e medianas empresas
- Dados de alta nalgún dos grupos ou epígrafes do IAE recollidos
Os establecemento comerciais retallistas que desexen adherirse ao programa deberán rexistarse na web https://www.bonosactivacomercio.gal/
OBRIGAS DOS ESTABLECEMENTOS ADHERIDOS
- Anunciar no exterior do establecemento, nun lugar visible a adhesión ao programa
- Facer o desconto directo dos bonos nos tíckets ou facturas de compra emitidos, de xeito que as persoas usuarias non cheguen a realizar, en ningún caso, o desembolso do importe descontado. Para estes efectos, o tícket ou factura de compra deberá reflectir, en todo caso, o importe da compra, o importe do desconto do bono e o importe final que se pagará.
- Especificar por escrito na zona de caixa, de forma visible, a política de devolución.
- Someterse ás actuacións de comprobación e vixilancia necesarias por parte da Dirección Xeral de Comercio e Consumo para verificar o adecuado funcionamento e xestión dos bonos e do programa en xeral.
- Conservar durante un ano todos os tíckets ou facturas de compra xustificativas da aplicación dos bonos.
- Custodiar con dilixencia as claves de acceso á plataforma co fin de evitar o seu uso indebido, comprometéndose a non facilitárllelas a outras persoas ou establecementos.
SISTEMA DE FUNCIONAMENTO DOS BONOS
- A descarga dos bonos polos usuarios realizarase na web www.bonosactivacomercio.gal, tendo estes formato dixital a través dun QR e estará dispoñible nunha APP que permita realizar pagamentos.
- Para trocar os bonos os/as comerciantes terán que descargar no seu móbil a APP bonos Activa comercio.
- No momento da compravenda, os/as comerciantes terán que introducir na APP o importe e o concepto da venda, e aparecerá automaticamente o importe que ten que cobrar (unha vez aplicado o desconto). Pola súa banda, as persoas usuarias deberán mostrar o seu bono en formato código QR e pagar, en efectivo ou con tarxeta, o importe final da compra realizada.
- Os bonos descargados poderanse utilizar ata o esgotamento do orzamento.
As persoas comerciantes adheridas ao programa recibirán cunha periodicidade semanal, na conta bancaria indicada para tal efecto, a cantidade equivalente aos bonos trocados no seu establecemento.
Os bonos estarán dispoñibles para a súa descarga polas persoas usuarias desde o 26 de abril ata o 15 de setembro de 2024.
PRAZO
O prazo de adhesión para os establecementos estará aberto dende o día 16 de abril ata o 1 de setembro de 2024.
MÁIS INFORMACIÓN
CÓDIGO DE PROCEMENTO: CO301B
Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto con oso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono: 986 42 33 66.
O contido desta presentación ten unicamente fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituír a información proporcionada nos documentos oficiais.