AXUDAS PROGRAMA EMEGA 2023: LIÑAS EMPRENDE E CONCILIA

Se es muller e tes pensado en emprender ou acabas de poñer en marcha un proxecto empresarial; ou ben tes unha empresa con más de tres anos de actividade, ten en conta que a Xunta de Galicia ven de publicar o programa EMEGA para fomentar o emprendemento feminino a través de catro liñas: liña emprende, liña activa, liña ITEF e liña concilia. Concretamente, a LIÑA EMPRENDE outorga axudas económicas para promover a posta en marcha de novas iniciativas empresariais.

A través do programa Emega 2023 convócanse un conxunto de axudas dirixidas a apoiar a posta en marcha, a mellora e a reactivación de iniciativas empresariais constituídas por mulleres, xunto con medidas complementarias para favorecer a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, así como o acceso a servizos específicos de información, asesoramento e orientación empresarial co obxecto de facilitar a implantación e consolidación dos proxectos empresariais promovidos por mulleres.

Comprende as seguintes liñas de axuda: 

  • Liña Emprende: liña de axudas económicas mediante incentivos para promover a posta en marcha de novas iniciativas empresariais e a creación de emprego feminino estable por conta propia e allea.
  • Liña Activa: liña de axudas económicas mediante incentivos para favorecer a reactivación, a consolidación de empresas constituídas por mulleres, ou a implantación de medidas innovadoras para a mellora da competitividade, dirixidas a paliar unha situación económica adversa, e que resulten necesarias para o mantemento do emprego por conta propia e por conta allea, así como para acadar o necesario equilibrio empresarial e asegurar a súa pervivencia, consolidación e mellora. En ningún caso as ditas medidas poderán consistir na destrución do emprego existente por conta propia e allea.
  • Liña ITEF: liña de axudas económicas mediante incentivos para impulsar a implantación de iniciativas empresariais de carácter innovador, con contido científico ou con base tecnolóxica, promovidas por mulleres e que supoñan a creación de emprego feminino estable por conta propia e allea.
  • Liña Concilia: axuda complementaria das liñas Emprende, Activa e ITEF para promover a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, nas súas dúas modalidades: Concilia promotoras e Concilia-persoas traballadoras por conta allea.

Centrámonos nesta publicación nas liñas EMPRENDE e CONCILIA por ser as dúas axudas que poden solicitar as empresas de nova creación promovidas por mulleres.

Beneficiarias:

Poderán ser beneficiarias das axudas do programa Emega: Liñas emprende e concilia as empresas privadas formadas por mulleres que inicien a súa actividade económica ou formalicen o seu plan Activa no período comprendido entre o 1 de agosto de 2022 e o 7 de agosto de 2023, e manteñan a actividade e os postos de traballo creados durante o período mínimo de permanencia da actividade (18 meses).

Requisitos:

Fíxanse os seguintes requisitos COMÚNS a todas as liñas de axuda:

  • Tratarse dunha empresa privada coa categoría de microempresa ou pequena empresa validamente constituída baixo calquera forma xurídica. 
  • A actividade mercantil pode ser realizada por empresarias individuais, sociedades civís, comunidades de bens ou sociedades mercantís, incluídas as sociedades laborais, as cooperativas de traballo asociado e as sociedades profesionais.
  • Ter domicilio social e fiscal, así como establecemento de produción ou comercial en Galicia. Nas empresas de tipo societario, a administración da empresa teñen que exercela mulleres e o capital social estar maioritariamente subscrito por mulleres.
  • Todas as promotoras das empresas beneficiarias das axudas, con independencia do seu grao de participación no capital social da empresa, deben estar de alta no correspondente réxime da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional e estar vinculadas laboralmente á empresa, desenvolvendo de forma habitual a súa actividade profesional nela. Para os efectos deste programa, non se terán en conta as autónomas colaboradoras.
  • Para os efectos deste programa, os postos de traballo por conta allea con contrato indefinido a tempo parcial só se terán en conta cando a xornada de traballo non sexa inferior ao 50 % da xornada ordinaria de traballo establecida legalmente ou no convenio colectivo que lle sexa de aplicación.
  • Así mesmo, os postos de traballo por conta allea con contrato indefinido para a realización de traballos de carácter fixo descontinuo só se terán en conta cando a duración da actividade da traballadora non sexa inferior a dez meses nun período de 12 meses.
  • Ter iniciado a actividade económica e a actividade laboral.
  • A iniciativa ou proxecto empresarial debe ter viabilidade técnica, económica e financeira, o que deberá quedar reflectido no Plan de negocio empresarial.
  • Non encontrarse en ningunha das circunstancias e prohibicións establecidas na Lei de Subvencións de Galicia.
  • Non ter percibido axudas do programa Emega ao abeiro das convocatorias dos anos 2020, 2021 e 2022.

Requisitos específicos da liña emprende:

  • O inicio da actividade económica ten que producirse no período comprendido entre o 8 de xullo  de 2023 e o 7 de agosto de 2023.
  • Ten que supor a creación dos postos de traballo de todas as promotoras.
  • As promotoras antes do inicio da actividade laboral deben estar desempregadas. No caso de empresas constituídas por máis dunha promotora, esta condición deberá cumprila, como mínimo, o 50 % das promotoras.
  •  A alta de todas as promotoras no correspondente réxime da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional deberá formalizarse no período comprendido entre o 1 de agosto de 2022 e o 7 de agosto de 2023, ambos os dous incluídos. No caso de creación de emprego para traballadoras por conta allea, a correspondente alta na Seguridade Social deberá formalizarse, como máximo, na data de finalización do prazo de xustificación da axuda.
  • Non ter desenvolvido actividade empresarial na mesma actividade económica nos tres anos inmediatamente anteriores á data de alta da nova actividade para a cal se solicita a axuda. Entenderase por mesma actividade a coincidencia a nivel de tres díxitos da Clasificación nacional de actividades económicas (CNAE).

CRITERIOS DE VALORACIÓN COMÚNS

CRITERIOS PUNTOS
Emprego femenino xerado– Un posto de traballo para mulleres: 10 puntos.– Dous postos de traballo para mulleres: 15 puntos.- Tres postos de traballo para mulleres: 25 puntos.- Catro postos de traballo para mulleres: 30 puntos.- A partir de cinco postos de traballo para mulleres: 35 puntos.
Sectores económicos nos cales as mulleres estean infrarrepresentadas10 puntos. 
Integración laboral
Discapacidade cun grao recoñecido igual ou superior 33 % Mulleres vítimas de violencia de xénero; Mulleres -30 ou +45 anos no inicio da actividade Desempregadas de longa duración.
3 puntos por cada unha. Máx. 15 puntos.
Actividad empresarial radicada a conciliación (servizos de atención e coidado de persoas dependentes a cargo)Ata 5.000 habitantes: 10 puntos.De 5.001 a 10.000 habitantes: 9 puntos.De 10.001 a 15.000 habitantes: 8 puntos.De 15.001 a 20.000 habitantes: 7 puntos.Máis de 20.000 habitantes: 6 puntos.
Localización da actividade empresarialAta 5.000 habitantes: 10 puntos.5.001 a 10.000 habitantes: 9 puntos.10.001 a 15.000 habitantes: 8 puntos.15.001 a 20.000 habitantes: 7 puntos.20.001 a 40.000 habitantes: 6 puntos.Superior 40.000 habitantes: 5 puntos.

CONTÍAS

LIÑA EMPRENDE

Nº postos creados estable para mulleresTOTAL POR EMPRESA 
1 (promotora)10.000 €
2 (promotora)16.000€
3 (promotora)20.000€
4 o mais (promotora)22.000€

LIÑA CONCILIA

Modalidade TOTAL POR EMPRESA
Concilia promotoras con filla/s ou fillo/s menores de 3 anos.3.000€
Concilia persoas traballadoras por conta allea:Máximo de 5.000€
acordo ou pacto de conciliación para o persoal asalariado.Neste suposto o incentivo será de 4.000€ por empresa.
acordo de teletraballo (mínimo 2 xornadas a semana fora das dependencias da empresa).O incentivo neste caso será de 1.000€ por persoa traballadora por conta allea cun máximo de 5.000€ por empresa.

Prazo

O prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o 7 de agosto 2023.

Máis información e acceso ao procedemento de solicitud

Consultar as RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 2023, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas do programa Emega para o fomento do emprendemento feminino en Galicia, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023.

Acceder ao procedemento de tramitación:

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *