AXUDAS POSCOVID Á HOSTALARÍA

Establécense as bases reguladoras para a concesión de subvencións para investimentos en equipamentos poscovid para potenciar Galicia como destino turístico

Estas axudas poscovid á hostalaría serán concedidas en réxime de concorrencia non competitiva coa fin de que as empresas do sector adquiran equipamentos poscovid fomentando dese xeito a Galicia como destino turístico

BENEFICIARIOS

Poderán ser beneficiarias destas axudas poscovid á hostalaría as PEMES e microempresas.

GASTOS SUBVENCIONABLES

  • Sistemas domóticos, control de distancias, optimización de procesos, portas e consignas automáticas, controis de acceso, renovación de aire, sistemas de climatización e softwares de control asociados
  • Sistemas de check-in automáticos
  • Carteleira, rotulación, sinalización e actuacións vinculadas con ela
  • Equipamento, directo ou indirecto, que poida servir de apoio ou difusión no control da pandemia (medidores de CO2, ionizadores, dispensadores, etc.).
  • Reformas orientadas á creación de espazos que suxiran maior amplitude (cores claras, incorporación de espellos, etc.)
  • Envoltorios e material dun só uso. O total de gastos destinados a este concepto non poderá superar o 10 % dos gastos totais subvencionables.
  • Procesos de desinfección e desinfección recorrente realizados por empresas externas con motivo da COVID, que non teñan a consideración de gastos de limpeza ordinaria
  • Novo equipamento de hixienizado e lavado
  • Novo equipamento para novos produtos, presentacións ou métodos de conservación
  • Equipamento multiservizo

FINANCIAMENTO

O importe máximo das axudas poscovid á hostalaría será do 90 % do investimento, cun máximo de 50.000 euros por beneficiario

Deberase garantir que, no caso de recibir os beneficiarios outras axudas baixo este réxime de minimis, non se supera o límite de 200.000 € nun período de tres exercicios fiscais. Este límite aplicarase independentemente da forma da axuda de minimis ou do obxectivo perseguido.

PRAZO

O prazo máximo para presentar as solicitudes remata o 1 de agosto de 2022.

MÁIS INFORMACIÓN

Para máis información podes consultar a RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para investimentos en equipamentos poscovid dos establecementos hostaleiros financiadas ao 100 % no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19 ou a Sede electrónica da Xunta (TU503E).

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *