Axudas para actuacións de eficiencia enerxética en PEME e grandes empresas do sector industrial

Convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao programa estatal de axudas para actuacións de eficiencia enerxética en PEME e gran empresa do sector industrial (Código de procedemento IN421V)

PERSOAS BENEFICIARIAS

Poderán acceder á condición de beneficiarios das presentes subvencións:

  • Empresas que teñan a consideración de PEME ou Gran empresa do sector industrial, cuxo CNAE 2009 comece pola División da 07 a 39, excluídas as que comecen pola División 12 e 34, sempre que teñan a súa residencia fiscal ou un establecementos permanente no territorio da comunidade autónoma de Galicia.
  • As empresas de servizos enerxéticos entendendo como tal a definición máis ampla posible das organizacións que aporten este tipo de servizos. Para poder ser destinatarias últimas das axudas, estas empresas deberán actuar en función dun contrato de servizos enerxéticos con algunha das empresas que se indican no anterior apartado

TIPOS DE AXUDA

Poderán obter dereito a subvención aquelas actuacións que cumpran o establecido no Anexo IV do Real Decreto 263/2019 de 12 de abril e se executen dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
Contemplanse dous liñas de actuación:

  • Medida 1: Mellora da tecnoloxía en equipos e procesos industriais. O investimento mínimo para que a actuación sexa subvencionable debe ser de 100.000 euros IVE non incluido.
  • Medida 2: Implantación de sistemas de xestión enerxética. O investimento mínimo para que a actuación sexa subvencionable debe ser de 50.000 euros IVE non incluido.

Cada empresa poderá presentar unha ou máis solicitudes. Cada solicitude contemplará un único proxecto técnico que pode constar dunha soa actuación ou de varias actuacións homoxéneas executadas nun mesmo emprazamento e que se valorarán de xeito conxunto.

CONTÍA MÁXIMA DAS AXUDAS

A contía das axudas para cada unha das actuacións ven establecida no Anexo I do Real Decreto 263/2019, de 12 de abril, polo que se regula o Programa de axudas para actuacións de eficiencia enerxética en PEME e gran empresa do sector industrial.

A contía da axuda será o mínimo entre o 30 % do investimento elixible do proxecto e a cantidade que resulte de aplicar ao custo subvencionable o 35% para gran empresa, o 45% para mediana empresa e o 55% para pequena empresa.

Con carácter xeral, establécese unha axuda máxima por proxecto de 1.000.000 euros. Poderase aumentar a axuda máxima por proxecto ata 2.000.000 euros en aquelas actuacións que en fase de solicitude xustifiquen a consecución de elevados niveis de aforro enerxético. Os valores está resumidos na seguinte táboa:

PRAZO

O prazo de presentación de solicitudes remata as 23:59 horas do 30 de xuño de 2023.

MÁIS INFORMACIÓN:

Para máis información podes consultar RESOLUCIÓN do 8 de agosto de 2019 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa estatal de axudas para actuacións de eficiencia enerxética en peme e grande empresa do sector industrial (Programa de actuacións de eficiencia enerxética en industria) (código de procedemento IN421V) ou a páxina web do Instituto Enerxético de Galicia.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *