AXUDAS PARA A INNOVACIÓN E ECO-TRANSFORMACIÓN NO SECTOR FORESTAL GALEGO 2025

A través da Axencia Galega da Industria Forestal convócanse para o 2025 axudas dirixidas a pequenas e medianas empresas que desenvolvan solucións sostibles baseadas en madeira. A liña 6 da orde de convocatoria subvenciona proxectos centrados no ecodeseño, economía circular e análise ambiental. Tes ata o 1 de agosto para solicitar esta axuda!

A través desta convocatoria regúlanse as axudas dirixidas á valorización, segunda transformación e ecoinnovación de produtos forestais e á dixitalización e mellora da seguridade e saúde no contorno laboral da industria forestal galega, a través de varias liñas de subvención dirixidas ás pequenas e medianas empresas (incluídas as persoas autónomas) da industria forestal e do contract radicadas en Galicia. Inclúese tamén unha liña 3 destinada tamén a asociaicóns e outras entidades sen ánimo de lucro.

Neste resumo ímonos centrar especialmente na liña 6 (ecoinnovación), que inclúe unha liña de axudas destinadas a pequenas e medianas empresas e que ten como obxectivo de promover solucións técnicas e modelos de negocio baseados na madeira que melloren a pegada ambiental dos produtos e procesos ao longo do seu ciclo de vida.

Beneficiarios  

Pequenas e medianas empresas (pemes), incluídas as persoas autónomas que estean radicadas en Galicia e que implementen ou desenvolvan solucións ecoinnovadoras baseadas en madeira.

Requisitos adicionais:

– As empresas deben adquirir en propiedade os bens subvencionables e mantelos durante un mínimo de 5 anos.

– A entidade solicitante debe estar inscrita no Rexistro de Empresas do Sector Forestal (Resfor), dada de alta nalgún código CNAE (Clasificación Nacional de Actividades Económicas) relacionado coa actividade obxecto da subvención ou que acredite a realización de actividades vinculadas á ecoinnovación forestal, na data de publicación da convocatoria.

Actividades subvencionables

  • Ecodeseño de produtos ou materiais de madeira, orientado a nreducir uso de materiais.
  • Usar materiais con menor impacto ambiental.
  • Aumentar a vida útil dos produtos.
  • Empregar tratamentos industriais menos contaminantes (ex. vernices baixos en COV). 
  • Facilitar o desmontado e reciclaxe dos materiais.
  • Desenvolver modelos de servitización (vender uso en vez de produto).
  • Mellorar eficiencia na produción.
  • Implantar servizos de mantemento e reparación prolongada.
  • Revalorizar subprodutos (ex. biomasa, compostaxe). 
  • Mellorar a loxística e embalaxe sustentable (queda excluída eficiencia enerxética).

Ferramentas de análise ambiental dos procesos de produción con madeira como:

  • Checklist ambientais
  • Análises do ciclo de vida (ACV)
  • Indicadores ambientais
  • Matrices MET (materiais, enerxía, emisións tóxicas) 
  • Valoración estratéxica ambiental (VEA)

Contía das axudas

A axuda será do 50% dos investimentos subvencionables (gasto elixible), cun límite máximo por beneficiario: 60.000 € por entidade solicitante (límite xeral para todas as liñas, incluída a liña 6).

Prazo 

O prazo de solicitudes está aberto ata o 1 de agosto de 2025.

Máis información

Consulta a RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan para o ano 2025, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas á valorización, segunda transformación e ecoinnovación de produtos forestais e á dixitalización e mellora da seguridade e saúde no contorno laboral da industria forestal galega e do contract (código de procedemento IN500B).

Acceder ao procedemento de tramitación: código de procedemento IN500B

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.

Este resumo ten unicamente fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituír a información proporcionada nos documentos oficiais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *