Esta nova convocatoria está dirixida a empresas editoriais e permitiralles abrir novas vías de negocio, a través da concesión de axudas que compensen os gastos derivados da edición (produción), distribución e comercialización das súas publicacións en formato audiolibro e libros adaptados en lectura fácil en galego, editados, que sexan comercializados e distribuídos entre o 1 de xaneiro de 2023 e o 31 de outubro de 2024.
Esta orde regula as seguintes modalidades de produción, distribución e comercialización:
- Modalidade A. Axudas ao sector editorial galego, relativas a gastos de produción, distribución e comercialización de audiolibros en galego (CT238B).
- Modalidade B. Axudas ao sector editorial galego, relativas a gastos de produción, distribución e comercialización de libros en lectura fácil en formato físico ou dixital, en galego (CT238C).
Beneficiarias
Persoas físicas ou xurídicas, que acrediten a condición de editoras de acordo co establecido nesta orde, para o cal deberán estar dadas de alta, antes do 1 de xaneiro de 2023, no epígrafe 476.1 de edición de libros, do imposto de actividades económicas.
Para ser beneficiarias, deberán estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
Gastos subvencionables
- Modalidade A. Produción e comercialización de audiolibros en galego
- Gastos de preparación da obra para a súa conversión: considéranse gastos de produción os de locución, medios técnicos do proceso de gravación (técnicas de son), corrección editorial, dirección ou calquera outro gasto de similar natureza.
- Gastos de alugamento ou de disposición do equipo técnico necesario para a produción final.
- Gastos de distribución: calquera actuación que permita a chegada da obra ás canles de difusión dixitais para acadar a posta efectiva ao dispor do público.
- Gastos de comercialización: estratexias de márketing e publicidade en diferentes canles que favorezan o consumo da obra.
- Modalidade B. Produción e comercialización de libros en lectura fácil.
- Custo editorial: considéranse gastos de custo editorial os de autoría, adaptación, tradución, revisión, validación, maquetación, custos de preimpresión e impresión, dixitalización ou calquera outro de natureza similar.
- Gastos de distribución: calquera actuación que permita a chegada da obra ás canles de difusión físicas ou dixitais para acadar a posta efectiva ao dispor do público.
- Gastos de comercialización: estratexias de márketing e publicidade en diferentes canles que favorezan o consumo da obra.
Disposicións específicas
Os audiolibros obxecto de subvención deberán reunir as seguintes características:
- Os audiolibros obxecto de subvención deberán reunir as seguintes características.
- Os audiolibros deberán editarse para a súa comercialización. Para efectos destas bases, enténdese por edición comercial a que estea suxeita a un prezo de venda ao público.
- Os audiolibros realizaranse mediante a utilización de voz humana real. Non se aceptarán os audiolibros realizados con voz electrónica.
- No caso de edición en galego e noutro idioma, sempre que sexan publicadas por unha mesma entidade, empresa ou grupo editorial, será necesario que a edición en galego do audiolibro sexa anterior ou simultánea á edición noutro idioma, no caso de que esta exista.
- Audiolibros cuxa produción sexa comercializada a través de plataformas de distribución dixital.
- A produción, distribución e comercialización das obras deberase realizar entre o 1 de xaneiro de 2023 e o 31 de outubro de 2024, ambos incluídos.
- Deberán contar cun plan de distribución e comercialización.
- Cada editorial poderá solicitar axuda para un máximo de cinco (5) audiolibros.
Libros en lectura fácil obxecto de subvención:
- Estar editados en galego ou en calquera outro idioma que, de ser o caso, se traducirá para a lingua galega, e cuxa produción sexa comercializada a través de librarías ou doutras canles de distribución física ou dixital. Enténdese por edición comercial a que estea suxeita a un prezo de venda ao público.
- A edición, distribución e comercialización das obras deberase realizar entre o 1 de xaneiro de 2023 e o 31 de outubro de 2024, ambos incluídos.
- Serán unha primeira edición dunha obra inédita en galego, ou ben a adaptación dunha obra xa publicada orixinariamente en galego, durante os últimos cinco anos, e da cal non exista adaptación en lectura fácil no mercado.
- Serán traducións para o galego de obras publicadas noutro idioma e que xa estean adaptadas en lectura fácil.
- No caso de edición en galego e noutro idioma, sempre que sexan publicadas por unha mesma entidade, empresa ou grupo editorial, será necesario que a edición en galego dos libros adaptados sexa anterior ou simultánea á edición noutro idioma, no caso de que esta exista.
- Unha obra que estea editada en varias encadernacións (rústica, cartoné, etc.), só se poderá presentar nunha delas.
- Deberán contar cun plan de distribución e comercialización.
- Empregarán o logo de lectura fácil como selo de calidade, marcadas pola IFLA (Federación Internacional de Asociacións de Bibliotecarios e Bibliotecas) e Inclusion Europe, e, polo tanto, acredita a validación das obras adaptadas.
- Serán difundidos a través do mercado do libro e, de ser o caso, a través dos catálogos das entidades especializadas en accesibilidade e inclusión.
- Cada editorial poderá solicitar axuda para un máximo de cinco (5) libros adaptados en lectura fácil.
Contía da axuda:
Modalidade A:
- Adxudicaranse as subvencións por orde de puntuación unha vez aplicados os criterios e as limitacións orzamentarias establecidas neste artigo, asegurando que o importe final adxudicado a cada audiolibro sexa o 80 % do orzamento solicitado, ata esgotar o orzamento da convocatoria.
- O importe máximo subvencionable por obra será de 5.000 €, cunha axuda total máxima de 20.000 € por empresa editora.
Modalidade B:
- Adxudicaranse as subvencións por orde de puntuación unha vez aplicados os criterios e as limitacións orzamentarias establecidas neste artigo, asegurando que o importe final adxudicado a cada libro en lectura fácil sexa o 90 % do orzamento solicitado, ata esgotar o orzamento da convocatoria.
- O importe máximo subvencionable por obra será de 6.000 €, cunha axuda total máxima de 15.000 € por empresa editora.
Prazo
O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto ata o 27 de xullo de 2023.
Máis información
Acceder ao procedemento de tramitación
Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.