AXUDAS PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL NO SECTOR DO TAXI

A Xunta de Galicia abre o prazo dunha nova liña de axudas destinada a reforzar o servizo de taxi en Galicia. Concederanse 2.000 euros por autorización VT-N a aqueles titulares que contraten unha segunda persoa condutora asalariada a xornada completa.

O obxecto desta axuda é establecer as bases reguladoras e convocar para o ano 2025 as axudas dirixidas ás persoas titulares de autorizacións de transporte público interurbano de viaxeiros en vehículos de turismo (VT-N) domiciliadas en Galicia, coa finalidade de mellorar a calidade e intensidade do servizo de taxi en Galicia, afrontar o incremento dos custos (especialmente dos seguros) e fomentar a contratación laboral no sector.

Beneficiarios  

Personas autónomas titulares dunha autorización de auto taxi (VT-N) e estean en activo no momento da solicitude.

Requisitos adicionais:

  • Que a persoa contratada sexa distinta da titular da autorización
  • Que estea contratada a xornada completa 
  • Que teña dedicación exclusiva.
  • A contratación debe manterse durante un período mínimo de 12 meses.

Exclusións:
Quedan excluídas as persoas titulares de autorizacións de taxi que sexan persoas xurídicas ou teñan máis dunha persoa contratada como condutora no momento da solicitude.

Actividades subvencionables

É subvencionable a contratación laboral, a tempo completo e con dedicación exclusiva, dunha segunda persoa condutora para vehículos dedicados ao servizo de taxi.

Contía 

A contía da axuda para a contratación dunha segunda persoa condutora é de 2.000 euros.

Prazo 

Do día 5 de xuño ao 30 de setembro de 2025.

Máis información

Consulta a ORDE do 15 de maio de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a contratación de persoal asalariado (segunda persoa condutora) e para o pagamento das pólizas de seguros no sector dos taxis e se convocan para o exercicio 2025 (código de procedemento IF401A).

Acceder ao procedemento de tramitación:

  •  Código de procedemento IF401A

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.

O contido desta presentación é só para fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituír a información proporcionada nos documentos oficiais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *