AXUDAS LEADER 2025 PARA INVESTIMENTOS DE NATUREZA PRODUTIVA NO RURAL

A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural ofrece axudas para proxectos produtivos que creen, amplíen ou modernicen pequenas empresas non agrarias en zonas rurais. Se estás pensando en diversificar a túa actividade ou mellorar tecnoloxicamente o teu negocio, esta é a túa oportunidade para obter ata 200.000 € de apoio.

Beneficiarios  

Pequenas empresas que desenvolvan actividades non agrarias e que leven a cabo proxectos de creación, ampliación ou modernización en zonas rurais, co obxectivo de mellorar a calidade de vida e diversificar a economía rural.

Requisitos adicionais:

  • A actividade que se poña en marcha debe ser distinta á que xa veña desnvolvemento á empresa, entendéndose como tal cando a división do CNAE da nova actividade sexa diferente á anterior.
  • A creación pode ser a posta en marcha dunha nova empresa ou dunha nova actividade nunha empresa xa existente.
  • A modernización supón a diversificación en novos produtos ou un cambio fundamental na natureza da produción ou tecnoloxía.
  • Os investimentos en substitución de edificacións ou maquinaria serán subvencionables só se amplían a capacidade de produción nun 25 % ou máis.

Exclusións

  • Non se subvencionan proxectos no ámbito da produción agraria primaria.
  • Non son subvencionables os investimentos que se limiten a substituír edificios ou máquinas sen que isto implique un aumento da capacidade de produción superior ao 25 %.

Actividades  subvencionables

Subvencionaranse proxectos de investimento que impliquen:

  • Creación dunha nova empresa ou actividade.
  • Ampliación dunha empresa existente.
  • Modernización da produción cun cambio tecnolóxico ou produtivo significativo.
  • Non se subvencionan investimentos que se limiten a substitución sen ampliación da capacidade produtiva.

En canto aos gastos subvencionables, con carácter xeral poderán subvencionarse os gastos necesarios para cumprir coa finalidade do proxecto, sempre que o seu valor non exceda o valor normal de mercado. Entre outros:

  • Construción, adquisición e mellora de inmobles (co límite do 50% do total de gastos subvencionables)
  • Adquisición de terreos (co límite do 10% do total de gastos subvencionables)
  • Adquisición de maquinaria e equipamentos novos. Quedan excluídos os investimentos que consistan na adquisición de maquinaria para a realización de servizos agrarios e/ou forestais.
  • Investimentos intanxibles como adquisición e desenvolvemento de programas informáticos, páxinas web,…
  • Custos xerais vinculados aos gastos de investimentos (honorarios de arquitectos, enxeñeiros, asesores, estudos viabilidade, etc.) co límite do 12% do total de gastos subvencionables.
  • Medios e equipamentos de transporte afectos en exclusiva a actividades empresariais ou profesionais e adecuación de vehículos, cando sexa necesario para o desenvolvemento da actividade.
  • Gastos de notario e rexistro, permisos e licenzas, patentes, marcas,…

Contía 

A contía da axuda será o resultado de aplicar unha porcentaxe de entre o 15 % e o 50 % do investimento total subvencionable, cun máximo de 200.000 €.

Prazo de solicitude

O prazo está aberto dende o  1 de maio de 2025 ata o 30 de maio de 2025.

Outra información importante a ter en conta

  • Estas axudas están rexidas polo Regulamento (UE) 2023/2831 sobre axudas de minimis.
  • As axudas concederanse en réxime de concorrencia competitiva, aplicando os criterios de selección establecidos por cada GDR.
  • Os gastos para os cales se solicita a axuda non se poderán iniciar antes da data de presentación da solicitude de axuda, nin antes da realización da acta de non inicio, con excepción da adquisición de terreos, dos custos xerais vinculados ao investimento e das licenzas de obra, que poderán terse realizado nos dezaoito meses anteriores á data de presentación da solicitude de axuda. 
  • No ámbito dos investimentos en actividades económicas do sector servizos (talleres, tinturarías, lavandarías, clínicas, tanatorios, asesorías, salóns de peiteado, despachos profesionais e calquera outra actividade asimilada ás anteriores do sector servizos) e do sector do comercio retallista será de aplicación o que determine a estratexia de desenvolvemento local do GDR de cada zona.

Máis información

Consulta a RESOLUCIÓN do 16 de abril de 2025 pola que se publica o Acordo do Consello de Dirección, do 10 de abril de 2025, polo que se aproban as bases reguladoras das axudas para a execución de operacións en apoio de terceiras persoas que se tramiten ao abeiro da Intervención Leader, cofinanciadas co Feader no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 (PEPAC), e se anuncia a convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento MR701L).  

Acceder ao procedemento de tramitación: código de procedemento MR701L

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66 ou ben directamente coa Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eu Rural – GDR14, que é a que xestiona as axudas na área de Vigo-Baixo Miño, no teléfono 986 443 030.

Este resumo ten unicamente fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituír a información proporcionada nos documentos oficiais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *