AXUDAS DO PROGRAMA INVESTIGO 2024

Xa están aquí as axudas do Programa Investigo, destinadas ás empresas para a contratación de persoas mozas maiores de 16 e menores de 30 anos dadas de alta como demandantes de emprego, para a realización de iniciativas de investigación e innovación, favorecendo así a súa inserción laboral.

A finalidade destas axudas é fomentar a contratación de persoas mozas maiores de 16 e menores de 30 anos, investigadoras, tecnólogas, persoal técnico e outros perfís profesionais en I+D+i en empresas que invistan en investigación e innovación, e tamén en organismos de investigación. As actividades obxecto das axudas son as relacionadas coa sanidade, a transición ecolóxica e a economía verde, a dixitalización de servizos e enxeñaría de datos ou data science, así como proxectos de investigación destinados ás áreas sociais, culturais, artísticas ou calquera outro ámbito de estudo.

ENTIDADES BENEFICIARIAS

Empresas pertencentes ao sector privado de Galicia que estean a investindo en iniciativas de investigación e innovación, incluídas as empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica.

Organismos de investigación, como Universidades, Fundacions, Centros tecnolóxicos,…

GASTOS SUBVENCIONABLES

A subvención destinarase a custos laborais e salariais, incluíndo os gastos de cotización por todos os conceptos á Seguridade Social, das persoas mozas contratadas.

O período subvencionado será de 12 meses e a xornada de traballo será a xornada completa.

CONTÍA DA AXUDA

A subvención calcularase en base ao número de persoas a contratar, a duración da contratación e o grupo de cotización, aplicando un sistema de módulos. Para iso, establécense os seguintes módulos, configurados considerando o custo unitario validado pola Intervención Xeral do Estado para este programa, por persoa contratada participante no Programa Investigo:

  1. Modulo A: aplicable a persoas contratadas nos grupos de cotización da Seguridade Social 9 a 5, ambos incluídos. A axuda ascendería a 22.405,92 euros por persoa contratada e ano de contratación (1.867,16 euros por mes).
  2. Módulo B: aplicable a persoas contratadas nos grupos de cotización da Seguridade Social 4 a 1, ambos incluídos. A axuda ascenderáscenderá a 33.108,84 euros por persoa contratada e ano de contratación (2.759,07 euros por mes).

De acordo con iso, o importe desta subvención calcularase en función das previsións recollidas no proxecto:

  • Número de persoas que se van contratar (cun máximo de 5).
  • Meses de contratación de cada unha delas.
  • Módulo segundo o grupo de cotización da Seguridade Social que corresponda.

OBRIGAS DAS ENTIDADES BENEFICIARIAS

  • Manter no seu cadro de persoal a persoa traballadora obxecto de subvención durante un período mínimo de trinta e seis meses, contados desde a data de realización da contratación.
  • Realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión da subvención.
  • Aboarlles ás persoas contratadas os salarios que legal ou convencionalmente lles correspondan e sexan acordes coa súa cualificación profesional e titulación.
  • Proporcionarlles ás persoas contratadas a roupa de traballo e os equipamentos necesarios e asegurar que se realizará o seu mantemento.
  • A entidade beneficiaria da subvención deberá manter unha planificación permanentemente actualizada respecto de cada unha das persoas traballadoras contratadas a disposición da Administración.
  • Comunicarlle á Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, nun prazo de 5 días hábiles desde que se produzan, aquelas modificacións substantivas que afecten a realización da actividade que vaian desenvolver as persoas contratadas.
  • Comunicarlle á Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social a obtención doutras subvencións ou axudas para a mesma finalidade, procedentes de calquera outra Administración ou ente público estatal ou internacional así como aquelas encadradas no réxime de minimis.
  • Facilitar cantos datos resulten necesarios para a valoración do instrumento no marco da avaliación da RIS3 Galicia ou doutros mecanismos.
  • Adoptar as medidas adecuadas de difusión para dar publicidade do financiamento público e colocar e manter durante un mínimo de 12 meses, un cartel nun lugar visible do lugar do traballo segundo o modelo elaborado pola Xunta de Galicia.

REQUISITOS E CRITERIOS PARA A SELECCIÓN DAS PERSOAS TRABALLADORAS

  • Deberán ser persoas mozas de 16 ou máis anos e que non tivesen feitos os 30 anos, desempregadas e inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia no momento de comezar a relación contractual. Ademais, deberán cumprir os requisitos esixidos para a modalidade de contrato que se formalice, axustándose ás circunstancias concretas de cada iniciativa.
  • Non se requirirá a inscrición no Servizo público de Emprego de Galicia no caso de persoas que estean nalgún dos casos recollidos no artigo 4.1a) do Real decreto lei 1/2023, do 10 de xaneiro, de medidas urxentes en materia de incentivos á contratación laboral e mellora da protección social das persoas artistas.
  • As persoas traballadoras obxecto de contratación seleccionaranse tendo en conta os seguintes criterios:
  • Maior adecuación entre a formación académica da persoa moza en relación co programa de investigación que se desexa levar a cabo.
  • Dispor de estudos específicos relacionados coa materia a desenvolver  que lles outorgue maiores capacidades e competencias.
  • A valoración curricular deberá ser mediante currículo cego.

INSTRUCCIÓNS PARA A SELECCIÓN E CONTRATACIÓN

  • As entidades beneficiarias poderán utilizar o portal Emprego Galicia ou o Servizo Público de Emprego de Galicia, e solicitaranlle á oficina de emprego correspondente as persoas desempregadas para contratar.
  • Unha vez efectuada a selección dos traballadores e das traballadoras contrataranse preferentemente mediante a modalidade de contratación indefinida e excluíndose os contratos fixos descontinuos e os contratos formativos.
  • O período subvencionado será de 12 meses cunha xornada de traballo a tempo completo.
  • Os custos laborais incluirán os custos salariais, incluíndo os de cotización por todos os conceptos á Seguridade Social.
  • Os contratos deberán ser comunicados no prazo de 10 días desde a súa realización, a través da aplicación Contrat@, á oficina de emprego que corresponda.
  • Os contratos deberán dar comezo antes do 15 de maio de 2024, salvo en casos de forza maior ou causas debidamente xustificadas, que deberán ser autorizadas.
  • A persoa moza contratada terá os mesmos dereitos que o resto dos traballadores da entidade ou empresa. As entidades beneficiarias deberán facilitarlles ás persoas destinatarias as medidas que teñan xa implantadas para favorecer a conciliación e a igualdade de xénero.
  • A entidade beneficiaria comunicaralle a través da sede electrónica o inicio dos contratos no prazo de cinco días hábiles desde o dito inicio, e indicará o número de persoas traballadoras desempregadas contratadas.

EXCLUSIÓNS

  • Non se poderán contratar persoas mozas que desempeñasen nos 6 meses inmediatamente anteriores á data da solicitude desta axuda calquera tipo de posto na mesma empresa ou grupo de empresas.
  • Tampouco se poderán contratar ao abeiro desta convocatoria de axudas as persoas mozas cuxos contratos foron subvencionados ao abeiro do Programa Investigo nas convocatorias dos anos 2022 e 2023.
  • Excluídos os contratos fixos descontinuos e os contratos formativos.

PRAZO

As solicitudes poderanse presentar desde o 7 de febreiro ata o 6 de marzo de 2024

INFORMACIÓN ADICIONAL A TER EN CONTA

  • Estas bases reguladoras enmárcanse na RIS3 (estratexia de especialización intelixente de Galicia 2021-2027) así como no Plan galego de investigación e innovación 2022-2024 que concreta dende un punto de vista operativo este marco estratéxico.
  • Estas axudas quedan sometidas ao réxime de minimis.
  • Estas subvencións serán incompatibles con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou  entidade, pública ou privada.

MÁIS INFORMACIÓN

Consulta a ORDE do 16 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións públicas destinadas aofinanciamento do Programa Investigo, de contratación de persoas mozas demandantes de empregona realización de iniciativas de investigación e innovación, e se realiza a súa convocatoria para o exercicio 2024

Código de procedemento de tramitación: TR349V

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.

Este resumo ten unicamente fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituír á información proporcionada nos documentos oficiais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *