AXUDAS DESTINADAS Á POSTA EN MARCHA DE CASAS DO MAIOR EN GALICIA

Establécense as bases reguladoras e a convocatoria para os anos 2026 e 2027 das axudas destinadas á posta en marcha de casas do maior en Galicia. Estas axudas teñen como finalidade impulsar recursos de atención diúrna para persoas maiores de 60 anos en situación de dependencia grao I ou sen dependencia, promovendo a autonomía persoal, o envellecemento activo e a permanencia no seu contorno habitual, ao tempo que fomentan o autoemprego e a economía social no medio rural.

Obxecto

Establecer as bases reguladoras e convocar subvencións destinadas a persoas físicas e cooperativas de traballo asociado para a posta en marcha de casas do maior nos anos 2026 e 2027, en concellos galegos de menos de 5.600 habitantes que non conten con recursos de atención diúrna en funcionamento.

Código de procedimiento: BS212A.

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta convocatoria:

● Persoas físicas que se establezan como traballadoras autónomas para a posta en marcha dunha casa do maior.

● Cooperativas de traballo asociado que promovan unha casa do maior, sempre que cumpran os requisitos establecidos na convocatoria.

Só pode haber unha persona beneficiaria por unidade familiar (en custodia compartida con doble solicitude, priorízase a quen teña menores ingresos según IRPF 2025).

Requisitos adicionais:

● Posuír a titulación, formación ou certificado profesional exixido na convocatoria.

● Residir ou ter residido nos últimos cinco anos nun concello de menos de 5.600 habitantes onde se establecerá a casa do maior.

● Dispoñer dun inmoble accesible que cumpra as condicións técnicas e de habitabilidade establecidas.

● Dispoñer de certificado de manipulador de alimentos.

● Acreditar unha revisión médica anual.

● Cumprir os requisitos de accesibilidade, seguridade e equipamento establecidos na orde.

● Manter a actividade durante un período mínimo de cinco anos.

Exclusións:

Non poderán obter a condición de beneficiarias as persoas ou entidades que incorran nalgunha das prohibicións previstas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ou que non cumpran os requisitos establecidos na convocatoria.

Actividades subvencionables

Serán subvencionables:

● Os gastos necesarios para a prestación do servizo de atención ás persoas maiores.

● As obras de adaptación ou reforma do inmoble.

● O equipamento e a dotación material necesarios para o funcionamento da casa do maior.

● Os gastos directamente relacionados coa posta en marcha do proxecto, nos termos previstos na convocatoria.

Contía

As axudas económicas consistirán en:

● Ata 15.000 € para gastos de investimento destinados á adaptación do inmoble, equipamento e dotación material.

● Unha prima económica para apoiar o desenvolvemento da actividade durante o inicio do proxecto.

● Unha axuda adicional de 10 € por persoa usuaria e día cando se preste servizo de desprazamento.

● Complementos económicos nos supostos de baixa por maternidade, paternidade ou determinadas baixas de longa duración, segundo o establecido na orde.

Prazo

O prazo de presentación de solicitudes remata o dia 27 de agosto de 2026

Máis información

Consulta a ORDE do 10 de xullo de 2026 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas do maior para os anos 2026 e 2027 e se procede á súa convocatoria

Acceder ao procedemento de tramitación:

● Código de procedemento BS212A.

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a

Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.

O contido desta presentación é só para fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituír a información proporcionada nos documentos oficiais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *