PERSOAS BENEFICIARIAS
Poderán ser beneficiarias as persoas titulares de permisos de explotación para marisqueo a pé para recursos marisqueiros xerais ou específicos que levaran a cabo actividade extractiva (días de actividade) cando menos 120 días durante os anos 2018 e 2019.
Cando a persoa sexa titular dun permiso de explotación cunha vixencia inferior aos dous anos no momento da data de presentación da solicitude de axuda, os días mínimos de actividade extractiva requiridos para a dita persoa, calcularanse en base á proporción de 120 días nos dous últimos anos civís. De acordo con isto, os días de actividade extractiva exixidos para cumprir este requisito serán os días resultantes de dividir entre 6, o período desde o outorgamento do permiso de explotación.
Os días de actividade extractiva verificaranse mediante as notas de vendas realizadas nas lonxas ou centros de venda autorizados e serán os que consten nos rexistros da Consellería do Mar.
Requisitos específicos
- Que o permiso de explotación para marisqueo a pé, o permiso de explotación a pé con utilización dunha embarcación auxiliar ou o permiso de explotación a pé para recursos específicos estea en vigor. Ademais, as persoas mariscadoras a pé non terán autorizada a suspensión temporal da vixencia do permiso de explotación no período de referencia subvencionable. (O cumprimento deste requisito verificarase mediante a información que consta nos rexistros da Consellería do Mar.
- Estar en situación de alta no réxime especial da Seguridade Social dos traballadores do mar no momento da solicitude e durante a vixencia do permiso de explotación para 2020.
- A actividade extractiva de marisqueo (días de actividade) da persoa no período de referencia subvencionable terá que ser inferior á media dos días de actividade no dito período nos tres últimos anos civís anteriores (agás períodos extraordinarios).
- Estar ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
GASTO SUBVENCIONABLE
O período de referencia subvencionable da paralización temporal da actividade é do 1 de xullo ao 31 de decembro de 2020 (ambos incluídos).
O importe máximo da axuda calcularase multiplicando o baremo aplicable por cada día de parada realizado no período de referencia. Os días de parada poderán ser continuos ou interrompidos.
O baremo da axuda por día de parada será o 90 % do nivel de ingresos medios da actividade extractiva dos mariscadores a pé por colectivo (marisqueo xeral, percebe e poliquetos) entre o 1 de xullo e o 31 de decembro, durante os 3 anos civís anteriores, agás períodos extraordinarios, segundo o establecido a continuación:
- Para persoas mariscadoras a pé de marisqueo xeral: 91 €.
- Para persoas mariscadoras a pé de percebe: 110 €.
- Para persoas mariscadoras a pé de poliquetos: 60 €.
PRAZO
O prazo de presentación de solicitudes remata o 29 novembro de 2021.
MÁIS INFORMACIÓN
Para máis información pode consultarse a ORDE do 25 de outubro de 2021 pola que se regulan as bases e a convocatoria para o ano 2021 das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, pola paralización temporal da actividade de marisqueo a pé como consecuencia do gromo da COVID-19 e a súa posterior modificación do día 25/11/21 a Sede Electrónica de Xunta.