O Instituto Galego de Promoción Económica convoca estas subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, convoca estas axudas aos investimentos en equipamentos en Galicia para fomentar a competitividade das empresas incidindo, sobre todo, no desenvolvemento tecnolóxico e na innovación.
ENTIDADES BENEFICIARIAS
Poderán ser persoas beneficiarias destas axudas as empresas galegas ou cun centro de traballo en Galicia, que realicen calquera actividade económica coa excepción das actividades excluídas pola normativa aplicable (Regulamento (UE) nº 2023/2831-Regulamento de minimis):
- A produción primaria de produtos da pesca e da acuicultura.
- A produción primaria de produtos agrícolas e gandeiros.
CONCEPTOS SUBVENCIONABLES
Investimentos en activos fixos tanxibles e intanxibles nos que incorra a empresa desde o 1 de xaneiro de 2024 e anteriores á data de solicitude, podendo tamén incluír investimentos que se realizarán con posterioridade á data de solicitude, ata o 10 de decembro de 2024.
- Compra de maquinaria ou bens de equipamento.
- Programas de implantación de solucións tecnolóxicas (software e hardware).
Non será subvencionable en ningún caso impostos, xuros e gastos financeiros, e taxas.
CONDICIÓN
O importe mínimo de custo subvencionable deberá acadar 40.000 €.
Os investimentos en activos fixos, materiais ou inmateriais, deberán ser adquiridos en propiedade pola persoa beneficiaria e deberán ser adquiridos a terceiros. Os provedores non poderán estar asociados nin vinculados coa persoa solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores.
CONTÍA DA AXUDA
Para os custos subvencionables considerase unha axuda do 40 % ata un máximo de 300.000 €.
Axudas suxeitas ao réxime de minimis.
PRAZO
Dende o 7 de agosto ata as 14:00 h do 10 de outubro de 2024.
INCOMPATIBILIDADES
Estas axudas son incompatibles con calquera outra subvención a fondo perdido do Igape para os mesmos investimentos.
MÁIS INFORMACIÓN
Código de procedemento de tramitación: IG408I
Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.
Este resumo ten unicamente fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituír á información proporcionada nos documentos oficiais.