Esta iniciativa busca impulsar a visibilidade de artistas nacionais, fomentar o tecido empresarial do sector cultural e fortalecer a proxección da arte española no ámbito nacional e internacional, mediante dúas liñas de axuda destinadas ás galerías de arte:
- Axudas para a asistencia como galería de arte a feiras de arte contemporánea en España: aquelas dedicadas maioritariamente á arte dos séculos XX e XXI, que conten coa presenza de asistentes estranxeiros e que teñan lugar entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2025.
- Axudas para a programación anual: realización de proxectos expositivos nos espazos propios e noutros espazos vinculados á arte contemporánea, abertas ao público entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2025.
As axudas concederanse en réxime de concorrencia competitiva, en función duns criterios establecidos (proxección internacional, nº feiras ás que asistiu nos últimos dous anos, galería emerxente, etc.) .
Beneficiarios
Poderán optar a estas axudas as persoas autónomas con residencia fiscal en España e que teñan como actividade principal a promoción, exhibición e comercialización de arte contemporánea e desenvolvan a súa actividade en territorio español.
Quedan excluídas destas axudas:
– Entidades do Sector Público.
– Consorcios, mancomunidades e outras figuras públicas sen ánimo de lucro.
– Agrupacións de persoas físicas ou xurídicas sen personalidade xurídica.
– Sociedades civís, comunidades de bens, e outras unidades económicas sen personalidade xurídica.
Actividades subvencionables
Liña A: Participación en feiras de arte contemporánea de carácter internacional en España.
- Acreditación, alugueiro e montaxe do stand.
- Transporte, seguro e embalaxe das obras.
- Publicacións gratuítas vinculadas á participación.
- Desprazamentos e estadías, incluídos os dos artistas representados.
Liña B: Programación anual en galerías de arte.
- Proxectos de comisariado.
- Deseño expositivo.
- Montaxe e instalación.
- Transporte e seguros.
- Publicacións de carácter gratuíto.
- Accións de comunicación e difusión.
- Proxectos educativos vinculados á exposición.
- Desprazamentos e estadías, incluídos os dos artistas.
Contía das axudas
Ata un máximo de 20.000 euros por proxecto.
Só se poderá solicitar axuda para unha das dúas liñas
Prazo de solicitudes
Ata o 28 de xullo de 2025.
Máis información
Acceder ao procedemento de tramitación: Ficha 055053
Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.
O contido desta presentación ten unicamente fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituír a información proporcionada nos documentos oficiais.