AXUDAS Á PRODUCIÓN DE CURTAMETRAXES 2025

O Ministerio de Cultura lanza a convocatoria de axudas á produción de curtametraxes para o ano 2025. Estas subvencións están dirixidas a apoiar empresas produtoras independentes na creación de proxectos audiovisuais.

Esta convocatoria ten como obxectivo apoiar a produción de curtametraxes mediante a concesión de axudas económicas a empresas produtoras independentes. Trátase de axudas están destinadas a financiar proxectos de curtametraxes, favorecendo a creación, desenvolvemento e promoción do sector audiovisual en España. 

Beneficiarios  

Empresas produtoras independentes que teñan como obxecto social principal a produción audiovisual.

No caso de proxectos realizados por varias empresas produtoras, estas deberán constituír unha agrupación.

Actividades subvencionables

Serán subvencionables os gastos directamente relacionados coa produción de curtametraxes, coa preprodución, produción e postprodución:

  • Elaboración do guión e adaptacións.
  • Planificación do proxecto e organización do equipo.
  • Investigación e desenvolvemento creativo.
  • Traballos do equipo técnico e artístico durante a rodaxe.
  • Aluguer de equipos e instalacións necesarias.
  • Custos de localización e desprazamentos.
  • Montaxe e edición do material audiovisual.
  • Aplicación de efectos visuais e sonoros.
  • Realización de animación, se procede.
  • Masterización e preparación para distribución
  • Gastos administrativos relacionados coa produción.
  • Custos de promoción inicial do proxecto.

Contía 

A axuda máxima para proxectos de curtametraxes é de 70.000 euros por proxecto beneficiario. Para proxectos de animación, a contía máxima é de ata 130.000 euros por proxecto.

Prazo de solicitudes

Ata o 18 de xullo de 2025.

Máis información

Consulta o Extracto de la Resolución de 3 de julio de 2025 de la Dirección General del Instituto de la Cinematografía y de las Artes Audiovisuales, por la que se convocan para el año 2025 ayudas a la producción de cortometrajes sobre proyecto. 

Acceder ao procedemento de tramitación: Ficha 051800

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.

O contido desta presentación ten unicamente fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituír a información proporcionada nos documentos oficiais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *