Establécense as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2026 das axudas á conciliación da vida persoal, familiar e laboral mediante a redución da xornada de traballo. Estas axudas están dirixidas principalmente a fomentar a corresponsabilidade dos homes nos coidados infantís, promovendo un reparto máis equilibrado das tarefas familiares.
Obxecto
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras das axudas destinadas a apoiar a conciliación da vida persoal, familiar e laboral como medida de fomento da corresponsabilidade das persoas da unidade familiar que exerzan o dereito á redución da xornada laboral, especialmente por parte dos homes, para o coidado dos seus fillos e fillas.
Serán subvencionables as situacións de redución da xornada de traballo para o
coidado de fillos e fillas, no período comprendido entre o 1 de agosto de 2025 e o 31 de xullo de 2026, ambos os dous incluídos.
Beneficiarios
Poderá ser beneficiaria das axudas previstas nesta convocatoria a persoa proxenitora do/da menor que exerza o dereito á redución de xornada, e segundo as seguintes situacións:
a) No caso de unidades familiares en que a parella estea formada por persoas de distinto sexo, o proxenitor de sexo masculino, tendo en conta que o obxectivo do programa é o cambio de tendencia cara á corresponsabilidade real e que, polo tanto, sexan tamén os homes os que se acollan á redución da xornada.
b) No caso de unidades familiares en que a parella estea formada por persoas do mesmo sexo, calquera das persoas proxenitoras.
c) No caso de unidades familiares monoparentais, a persoa ao cargo da unidade familiar.
d) No caso de custodia compartida do/da menor, calquera das persoas proxenitoras.
Requisitos adicionais:
- Empadroamento en Galicia.
- Redución de xornada mínima do 12,5 %.
- Coidado de fillos/as menores de 3 anos, ou menores de 12 con discapacidade igual ou superior ao 33 %.
- Traballador/a por conta allea (sector público ou privado).
- Non superar 7 veces o IPREM 2025 nos ingresos familiares.
- Convivir coa menor durante o período subvencionado.
Exclusións: As axudas previstas nesta convocatoria son incompatibles con calquera outra subvención pública co mesmo obxecto e finalidade.
Actividades subvencionables
A reducción da xornada de traballo por parte dunha persoa proxenitora para o coidado de fillos/as, sempre que o fillo/a sexa:
- Menor de 3 anos
- Menor de 12 anos con discapacidade ≥ 33 %
- Menor adoptado/acollido nos últimos 3 anos (12 se ten discapacidade).
Contía
Depende da porcentaxe de redución de xornada, duración e número de fillos/as ao cargo.
| % Redución de xornada | 1 fillo/a | 2 fillos/as | 3 ou máis fillos/as |
| 12,5% – 25% | 1.700€ | 2.000€ | 2.300€ |
| 25% – 37,5% | 2.800€ | 3.100€ | 3.400€ |
| Máis do 37,5% | 3.100€ | 3.400€ | 3.700€ |
Aplica un coeficiente multiplicador de 2 por cada fillo/a nas seguintes situacións:
- Ten discapacidade ≥ 33 %.
- É unha familia monoparental.
Prazo
O prazo de solicitude está aberto ata o 24 de agosto de 2026.
Máis información
Acceder ao procedemento de tramitación:
- Código de procedemento SI440A
Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.
O contido desta presentación é só para fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituír a información proporcionada nos documentos oficiais.

