AXUDAS 2024 PARA PROMOVER A PRIMEIRA EXPERIENCIA PROFESIONAL

Infórmate sobre as liñas de subvencións para promover a primeira experiencia profesional das persoas mozas menores de 30 anos mediante contratos formativos (axudas á contratación).

Co obxectivo de mellorar a empregabilidade e a inserción profesional das persoas mozas en Galicia, a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración convoca estas subvencións  para a  formalización de contratos de formación que abarcan dúas liñas:

  • Liña 1: programa de prácticas, mediante contratos para a obtención de práctica profesional.
  • Liña 2: programa de formación en alternancia para concertar un contrato formativo.

ENTIDADES BENEFICIARIAS

Persoas autónomas, empresas (calquera que sexa a súa forma xurídica), comunidades de bens e sociedades civís. Tamén poden solicitar estas axudas os centros de traballo especiais de emprego e as empresas de inserción laboral.

O requisito é que contraten persoas mozas para prestar servizos en centros de traballo radicados en Galicia, que cumpran os requisitos que se recollen no seguinte apartado.

REQUISITOS DAS PERSOAS QUE SE CONTRATEN (DESTINATARIAS FINAIS)

Persoas mozas que cumpran os seguintes requisitos no momento da contratación:

  • Que teñan como mínimo 16 anos e non superen os 30 anos no momento da contratación.
  • Que se atopen inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia no momento da súa contratación, preferentemente persoas paradas de longa duración.
  • Que non teñan unha experiencia profesional superior a un ano no mesmo grupo de cotización.

Requisitos liña 1: modalidade de prácticas.

Estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións:

  • Título universitario: Grao universitario, Máster universitario ou Doutoramento.
  • Título de grao medio ou superior.
  • Especialista, máster profesional ou certificado do sistema de formación profesional.
  • Título equivalente de ensinanzas artísticas ou deportivas do sistema educativo, que habiliten ou capaciten para o exercicio da actividade laboral.

O contrato de traballo para a obtención de práctica profesional deberá concertarse dentro dos tres ano (ou dos cinco anos se se formaliza cunha persoa con discapacidade) seguintes á terminación dos correspondentes estudos. Non se poderá subscribir con quen xa obtivese experiencia profesional ou tivese realizado actividade formativa na mesma actividade dentro da empresa por un tempo superior a tres meses.

Requisitos liña 2: programa de formación en alternancia.

  • Carecer da cualificación profesional recoñecida polas titulacións ou certificados requiridos para concertar un contrato formativo para a obtención da práctica profesional. Poderanse realizar contratos vinculados a estudos de formación profesional con persoas que posúan outra titulación sempre que non tivesen outro contrato formativo previo nunha formación do mesmo nivel formativo e do mesmo sector produtivo.

GASTOS SUBVENCIONABLES

Serán subvencionables ao abeiro deste programa as contratacións por conta allea de persoas mozas mediante a subscrición de: 

  • Contratos para a obtención da práctica profesional.
  • Contratos de formación en alternancia. 

Os contratos terán unha duración mínima de 12 meses e deberán ser a xornada completa.

 Para que sexan subvencionables, os contratos formativos deberán formalizarse no período comprendido entre o 1 de decembro de 2023 e 15 de outubro de 2024. No caso de novas contratacións, o período máximo para realizalas rematará aos vinte días hábiles seguintes ao da recepción da notificación da concesión da axuda, e en todo caso, o 15 de outubro de 2024.

Serán subvencionables tamén as actividades de formación en competencias brandas de cada unha das persoas que sexan contratadas ao abeiro desta convocatoria cunha duración mínima de 50 horas.

O número máximo de contratos que se subvencionarán por persoa ou entidade será de 5.

CONTÍAS DE AXUDA

Incentivo á contratación, por cada persoa moza con contrato formativo de 12 meses a xornada completa: 

  • Nos grupos de cotización 1 e 2: 16.625 €. 
  • Nos grupos de cotización 3 a 7: 13.300 €.
  • Nos grupos de cotización 8 a 11: 9.975 €. 

Incentivo á formación, por cada persoa moza contratada, para a impartición dun programa formativo en competencias brandas, cunha duración mínima de 50 horas:

  • 1.700 € (IVE excluído) para formación presencial
  • 875 € (IVE excluído) para teleformación.

A contía da axuda concedida aboarase ás empresas beneficiarias nun único pagamento.

Estas axudas quedan sometidas ao réxime de minimis.

INCOMPATIBILIDADES

Estas subvencións son incompatibles con outras para o mesmo obxecto e finalidade.

PRAZO

Dende o 23 de maio ata o 30 de setembro de 2024.

As axudas concederanse por orde de presentación  ata o esgotamento do crédito.

MÁIS INFORMACIÓN

ORDE do 6 de maio de 2024 pola que se aproban as bases reguladoras para promover a primeira experiencia profesional das persoas mozas menores de 30 anos mediante contratos formativos, e se procede ásúa convocatoria para o ano 2024

CÓDIGO DE PROCEDEMENTO: TR353C

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axudana tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66. Este resumo ten unicamente fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituír á información proporcionada nos documentos oficiais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *