BENEFICIARIOS
Persoas físicas e xurídicas, así como as comunidades de bens, sociedades civís ou outras entidades económicas sen personalidade xurídica legalmente constituídas que leven a cabo actividades empresariais con peche forzoso ou que viu mermada a súa actividade como consecuencia da ORDE do 26 de xaneiro de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia, e que a actividade sexa desenvolvida por unha persoa traballadora autónoma, unha microempresa ou pequena empresa e empresas de economía social.
PRAZO
O prazo de presentación de solicitudes remata o 15 de novembro do 2021.
GASTO SUBVENCIONABLE
Os gastos correntes directamente relacionados coa actividade de cada unha das persoas beneficiarias, realizados durante o período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2021 e ata data de finalización do prazo de presentación de solicitudes:
- Factura/s e xustificante/s bancario/s de aluguer do local no que se exerza a actividade.
- Recibo de pago da cuota de autónomos.
- Factura/s e xustificante/s bancario/s do subministro de electricidade correspondentes ao local onde se exerza a actividade . No referente a este gasto terase en conta que a data de pago estea comprendida no período subvencionable.
- Recibo de pago e cargo bancario das Pólizas de seguros relacionados coa actividade do ano 2021.
O procedemento de outorgamento destas subvencións consistirá en dividir o importe do crédito global (85.176,50€) entre as persoas solicitantes que reúnan os requisitos establecidos na base cuarta, establecéndose como importe máximo de subvención a conceder 1.000 euros.
MÁIS INFORMACIÓN
Para mais información pódense consultar as bases da convocatoria na páxina web da deputación e na Sede Electrónica do concello de Redondela.