| PROGRAMA PARA A PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO 2026 |
ORDE do 30 de decembro de 2025, pola que se establecen as bases reguladoras dos programas de axuda as personas traballadoras autónomas, co financiadas parcialmente pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede a súa convocatoria para o ano 2026 (TR341D)
| BENEFICIARIOS |
Os traballadores por conta propia que estean dados de alta entre o 1 de outubro de 2025 ao 30 de setembro de 2026 sempre que cumpran as seguintes condicións:
- Liña 1: Axuda para o inicio de actividade ou manteñemento de emprego como persoa autónoma.
- Estar inscrito como demandante de emprego ou mediante certificado da mutua no momento da alta como autónomo.
- Ser titular do negocio ou explotación, ter iniciada a actividade con anterioridade á presentación da solicitude da subvención e non ter ningunha alta inicial como autónomo nos cinco anos anteriores á data de publicación desta convocatoria no DOG (04/02/2026), salvo que a dita alta fose como persoa autónoma colaboradora.
- Atoparse de alta no imposto de actividades económicas.
- Desenvolver a actividade empresarial en Galicia.
- Ter domicilio fiscal en Galicia con anterioridade á solicitude da axuda.
Quedan excluídas desta liña as persoas socias de sociedades mercantís, civil profesionais, laborais, cooperativas de traballo, os administradores e as persoas autónomas colaboradoras.
- Liña 2: Axuda para sufragar os gastos da cota reducida de seguridade social do primeiro ano de actividade.
- Ser beneficiario da cota reducida no momento de presentación da solicitude.
- Estar inscrito como demandante de emprego ou mediante certificado da mutua no momento da alta como autónomo.
- Ter iniciada a actividade con anterioridade á presentación da solicitude da subvención
- Atoparse de alta no imposto de actividades económicas.
- Desenvolver a actividade empresarial en Galicia.
- Ter domicilio fiscal en Galicia con anterioridade á solicitude da axuda.
- Ter alta nun CNAE correspondente ao sector agrícola (01), gandeiro (01) ou silvícola (02) para ampliar a devolución aos 24 meses da cota.
- No suposto de persoas socias de sociedades mercantís, sociedades laborais, cooperativas de traballo asociado e administradores desta, estas deberán ser de nova creación, aquelas que inicien a actividade empresarial desde o 30 de setembro de 2024, segundo a data que figure no imposto de actividades económicas ou, de ser o caso, na data de alta no censo de obrigados tributarios da Axencia Estatal de Administración Tributaria.
As persoas traballadoras autónomas ou por conta propia poderán ser beneficiarias das axudas deste programa cando formen parte de comunidades de bens, sociedades civís ou outras entidades sen personalidade xurídica de nova creación, sempre que as soliciten a título persoal. Neste caso, a entidade deberá estar constituída previamente á presentación da solicitude de subvención.
| ORZAMENTO |
- Liña 1: Axuda para o inicio de actividade ou manteñemento de emprego como persoa autónoma, conta cun orzamento de 19.356.500 €.
- Liña 2: Axuda para sufragar os gastos de manteñemento da actividade, conta cun orzamento de 9.600.000 €.
As axudas asignaránse por orde de entrada no rexistro ata o esgotamento dos fondos, son compatibles entre sí e están sometidas ao réxime de minimis
| CONTÍA |
- Liña 1.
Serán 2.000 € para persoas desempregadas en xeral.
Haberá 4.000 € para o caso de persoas desempregadas que se inclúan nalgún dos seguintes colectivos, que non serán acumulables:
- Persoas menores de 30 anos.
- Persoas desempregadas de longa duración.
- Persoas desempregadas con discapacidade ou en situación de dependencia.
- Persoas desempregadas que estean en situación ou risco de exclusión social.
- Persoas desempregadas que teña a condición de emigrante retornada.
- Persoas desempregadas que teñan a condición de estranxeira.
- Persoas maiores de 52 anos.
A contía base correspondente incrementarase nun 15 % nos seguintes casos:
- Se a persoa incorporada é unha muller.
- No caso de que o centro de traballo da persoa autónoma esté situado nun concello rural.
- Persoas maiores de 45 anos (incremento non aplicable á letra G do anterior apartado)
- Persoas trans.
- Profesións e oficios en que a muller estea subrepresentada.
*A contía máxima destes incrementos é acumulable sendo a contía máxima de 7.000 €
- Liña 2.
A contía será o resultado de multiplicar a cota reducida de autónomos 80 € x 12 = 960 €. Ampliable a 24 meses no sector agrícola, gandeiro e silvicultura. 80 € x 24 = 1.920 €
| INCOMPATIBILIDADES |
Liña 1:
- A liña 1 será incompatible coas axudas de programas de promoción de emprego autónomo, cos programas de fomento de cooperativas e do emprego en cooperativas e sociedades laborais, iniciativas de emprego, iniciativas de emprego de base tecnolóxica e integración laboral das persoas con discapacidade.
- A liña 1 será incompatible coas axudas comprendidas no Programa Nova Oportunidade que se convoque no ano 2026 co Programa Emega 2026, e co Bono Activa Rural 2026 así como outras que poidan outorgar as administracións públicas como medida de fomento de emprego.
- A liña 2 será incompatible con calquera axuda pública destinada amesma finalidade.
As axudas serán compatibles coas que a Secretaría Xeral da Emigración convoque no 2026 para promover o autoemprego e a actividade emprendedora na Comunidade Autónoma galega das persoas emigrantes retornadas e dos seus descendentes».
| PRAZO |
Dende o 11 de febreiro de 2026 ata o 30 de setembro de 2026.
NORMATIVA: ORDE do 30 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas de axuda as personas traballadoras autónomas, co inanciadas parcialmente pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede a súa convocatoria para o ano 2026 (TR341D)
Código de Procedemento: TR341D
Este resumo ten unicamente fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituír a información proporcionada nos documentos oficiais.


