En anteriores publicacións xa informamos dos Obradoiros de emprego e en que consisten, pero quen os organiza e que organismos está detrás deles? Son entidades locais ou organismos autónomos? Existe algún requisito para a súa creación?
Poderán ser promotores dun Obradoiro de emprego os:
- Organismos e entes públicos da Administración Xeral e das Comunidades Autónomas.
- Asociacións e Entidades sen Ánimo de Lucro.
- Entidades con competencias de promoción de emprego dependentes ou similares a Entidades Locais.
- Entidades Locais e os seus Organismos Autónomos.
- Consorcios.
Ademais, para a realización dun Obradoiro de Emprego existen tres requisitos fundamentais:
- Un colectivo de desempregados con dificultades para acceder ao mundo laboral.
- Unha obra para realizar mediante a cal os participantes do Obradoiro poidan realizar un traballo real e profesionalmente satisfactorio, adecuado á situación laboral.
- Que no territorio no que se organiza o Obradoiro exista a posibilidade de inserción nese ámbito profesional.
Bótalle unha ollada á nosa infografía explicativa.