Definamos as diferenzas entre tenda online e marketplace:
Unha tenda online é aquela que se dedica á compra e venda de produtos ou servizos a través de internet (caracterízanse por ser exclusivos dun produto ou servizo)
Existen varias opcións para crear unha tenda online, polo que terás que ter en conta o seguinte:
- Decide se vas contratar un experto en páxinas web (é a opción máis custosa), ou se queres utilizar unha plataforma de comercio electrónico como wordpress que che permitirá facelo por ti mesmo (debes ter algo de coñecementos previos).
- Unha vez definido quen vai crear a túa tenda online, necesitarás un dominio (é o nome do teu sitio web), un certificado SSL (certificado de seguridade que encripta a información do teu sitio web para protexer os datos dos teus clientes) e un aloxamento (servizo que che permite aloxar e manter o teu sitio web). Estes servizos non son gratuítos, pero case sempre veñen incluídos no prezo de elaboración da páxina, tanto nas plataformas de comercio electrónico coma se contratas un experto en páxinas web.
- Deberas crear un catálogo de produtos onde se listen todos os produtos ou servizos que desexas vender na túa tenda en liña.
- Elixe un servizo que che permita aceptar pagos en liña. Podes elixir entre provedores de procesamento de pagos populares como PayPal, Stripe, etc. ou o que che ofreza o banco co que traballas.
- É importante que contes cunha estratexia de márketing para que teñas clara a forma en que promocionarás a túa tenda en liña e como atraerás clientes potenciais, xa que un sitio web non che garante vendas se non aplicas estratexias.
Un marketplace é unha plataforma de comercio electrónico que permite aos vendedores mostrar e vender os seus produtos utilizando unha tenda en liña como intermediario. Ven sendo un centro comercial na internet (un dos máis coñecidos é por exemplo Amazon) no que se reúnen distintas tendas para ofrecer os seus produtos.
Se queres vender a través dun marketplace, segue estes pasos:
- Rexístrate no marketplace: debes seguir o procedemento establecido para o rexistro no sitio web do marketplace e crear un perfil de vendedor.
- Agrega o teu catálogo de produtos ou servizos: deberas incluír as imaxes, descricións e os prezos de cada produto ou servizo (deberás esperar a que os produtos ou servizos sexan aprobados pola plataforma antes de poder vendelos).
- Configura o teu sistema de envíos, entrega e métodos de pago, sempre debes axustarte ás regras da plataforma.
- Na maioría dos casos deberás pagar unha tarifa de subscrición ou unha comisión sobre as vendas.
- Promociona os teus produtos: é importante ter un plan de negocios sólido, unha estratexia de márketing e un enfoque no servizo ao cliente para ter éxito no teu ecommerce.
Se desexas saber máis sobre como vender os teus produtos ou servizos a través de internet, consulta esta guía de Acelera pyme sobre comercio electrónico e marketplace, que seguro che despexará moitas dúbidas.