DEIXÁMOSCHE 9 CLAVES PARA PROTEXERTE NA REDE

Xa estamos ben entrados no 2018; agora que a nosa vida volveu ao seu ritmo habitual é importante revisar ben o noso mundo dixital. Para estarmos seguros na rede, é importante utilizar contrasinais axeitados e renovalos de cando en vez. Ademais, tamén debemos asegurarnos de pechar as nosas sesións, controlar que información temos na rede e ter man de que non suplanten a nosa identidade.

Desde Emprende Na Rede elaboramos unha lista de pasos que se deberán seguir para ter todo baixo control.

 

Para evitar accesos non desexados:

seguridade1

  1. Non te conectes en redes públicas ou pouco seguras se vas consultar o email, a conta bancaria, etc. As redes públicas evitan o consumo dos datos móbiles pero os nosos datos quedan moi expostos a que outros accedan a eles. Emprega estas redes públicas sendo consciente dos riscos.
  2. Asegúrate de que na barra do navegador se emprega o protocolo seguro https:// ou ben ten algún plugin ou engadido que force o uso deste protocolo, por exemplo HTTPS Everywhere.
  3. Utiliza contrasinais seguros de máis de 8 díxitos con números, símbolos, maiúsculas e minúsculas para dificultar ataques por forza bruta. Ademais é conveniente que os cambies cada certo tempo, este é un bo momento para renovalos. Ano novo, contrasinais novos!
  4. Emprega un segundo factor de autenticación, por exemplo a verificación en dous pasos, na que se usa unha mensaxe ou dispositivo previamente autenticado na conta en cuestión.
  5. É moi importante que non facilites credenciais en redes sociais xa que estas nunca serán necesarias para realizar cambios. Igualmente, un organismo público ou o teu banco nunca che pedirán datos a través de correo electrónico xa que este, a non ser que se tomen as precaucións necesarias, envía o texto en plano e sen ningún tipo de cifrado.

 

Para recuperar o acceso en caso de problemas:

seguridad2

  1. Incorpora un número e/ou mail de recuperación á túa conta. Así poderás renovar o teu contrasinal con facilidade.
  2. Non uses a pregunta de recuperación como tal, é dicir, emprega unha resposta que non teña nada que ver coa pregunta e que sexa segura (usar contrasinais  de máis de 8 díxitos con números, símbolos, maiúsculas e minúsculas) xa que algúns usuarios malintencionados intentan explotar ese acceso probando todas as respostas posibles.
  3. Revisa as opcións que nos ofrecen as distintas redes sociais no que se refire á privacidade e seguridade. Desta maneira poderás configurar desde quen pode acceder aos teus datos, imaxes, etc. ata o xeito en que recuperas un contrasinal; por exemplo, Twitter nos da unha opción para crear un arquivo de recuperación ademais da autenticación en dous pasos que xa ofrecen os servizos de gmail, hotmail, instagram, facebook, whatsapp…
  4. Se desexas cifrar os teus correos tes varias opcións: podes empregar servizos como protonmail, tutanota, hushmail… ou ben instalar un xestor de correo como thunderbird e empregar engadidos como pgp e enigmail, etc. para firmar e cifrar os teus emails. Isto, ademais de darlle unha capa extra de seguridade ao teu correo ao firmalo, aseguraría o non repudio, integridade e autenticidade da mensaxe.

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *