Estas ferramentas dixitais son gratuitas e van facilitarnos o traballo a hora de crear ou editar un texto.
Smash é unha ferramenta fácil de usar que nos permite compartir todo tipo de arquivos, sen importar o seu tamaño e a unha grande velocidade, completamente libre de publicidade. A versión gratuita de Smash, permítenos compartir arquivos sen límite de tamaño aspecto no que se diferenza doutros servizos similares como WeTransfer (cun tamaño máximo de arquivos de 2GB), e que permite un tempo de dispoñibilidade de descarga destes de ata 14 días, superando con creces a calquera tipo de competencia; comparándoo de novo con WeTransfer, vemos que ofrece tempos de descarga de 7 días como máximo; outra ventaxa que ofrece é que de forma similar a Dropbox, permite unha vista previa dos arquivos enviados a os receptores destes antes de descargalos. Finalmente podemos destacar a privacidade que nos otorga, permitindo poñerlle unha contrasinal aos documentos que enviemos para evitar accesos non desexados.
DEEPL
DeepL é un traductor en liña que nos permite traducir tanto texto como arquivos enteiros de formacompletamente gratuita. Conta ademais con 29 idiomas para empregar, unha selección que ao comezo pode parecer moito menor a outras (como os máis de 100 que ofrece Google Translate),
pero ofrece unha calidade de tradución moi superior á da competencia; cun diccionario incorporado que tamén aporta sinónimos para dicir o que buscamos de distinta forma, o que reduce moito o tempo que teriamos que empregar usando o buscador de outra forma. Podemos destacar que esta
ferramenta aporta un glosario, no que podemos escoller como traduce o programa certas palabras ou expresións, para poder obter un resultado máis próximo ao que precisemos. Á hora de traducir, DeepL ofrece tamén diversas opcións en forma de traducións alternativas ou incluso menos empregadas con certas expresións e contidos, para asegurar unha mellor experiencia.
Notion é unha ferramenta que nos permite facer notas de formas moi diversas con unha gran cantidade de plantillas. No caso de querer facer calquera tipo de anotación tanto para a nosa vida persoal como para levar máis facilmente o control dun negócio, Notion ofrecenos unha posibilidade rápida e sinxela de empregar. Tan só rexistrándonos có noso correo electrónico, poderemos facer dende unha simple lista de tarefas ata crear unha base de datos. Debemos destacar o intuitiva que é a súa interfaz, e o útil que é para manexar calquera aspecto da nosa vida. Ademais de ser incríblemente personalizabel; ata o punto de que si quixeramos, poderiamos facer as nosas propias plantillas; é gratuito, o que significa que calquera pode empregalo.
Glasp é unha ferramenta que nos permite subliñar e resaltar texto en artículos e páxinas web en xeral, ademais de escribir notas e aclaracións e incluso compartir en redes sociais como Twitter ou Facebook contidos que vexamos interesantes. A principal diferenza desta ferramenta co das mencionadas ata agora na lista é que esta funciona como unha extensión do noso buscador, é dicir, témola que descargar previamente para empregala en Google Chrome, e tras un sinxelo par de clics (guiados polo propio Glasp para evitar erros), poderémola empregar en calquera páxina que queiramos.
PRINTFRIENDLY & PDF PRINTFRIENDLY
Printfriendly é unha ferramenta que nos permite convertir páxinas web en PDF, xa sexa para imprimilas de forma máis sinxela ou descargalas sen máis. Esta extensión de Google transforma páxinas web a un formato imprimible instantáneamente, eliminando anuncios e así facilitando un proceso que sería moi tedioso de outra forma. Non só eso, senón que ademais poderemos eliminar as partes das páxinas que non necesitemos antes de descargar o pdf ou envialo por correo (opcións que nos dá esta ferramenta dende o primeiro momento). Outra ventaxa de usar Printfriendly é que mantén enlaces dentro do PDF, a diferenza de se usamos por exemplo unha captura de pantalla. Finalmente podemos destacar a privacidade que nos aporta, xa que unha vez enviados, só terán acceso aos contidos o emisor e o receptor destes.
Libre QR é unha ferramenta que nos permite crear códigos QR cunha gran facilidade, aportándonos unha gran variedade de opcións. Desta forma poderemos crear códigos que leven a unha páxina web, que faga recibir unha mensaxe de whatsapp automáticamente ou incluso que nos permita recibir un pago a través de PayPal. Un uso que podemos destacar é a posibilidade de conectar o Código que xeneremos coa nosa tarxeta de negocio, para unha presentación un tanto máis moderna. Libre QR permítenos tamén crear códigos dinámicos, que cambien a súa utilidade cando nos o queiramos, desta forma, poderíamos facer que un mesmo código nos leve a unha páxina web hoxe, e a outra mañá.
Smodin é un asistente online que nos permite reescribir, comparar e reordenar textos de forma automática, entre outras moitas cousas. Esta ferramenta ten unha gran cantidade de usos, por exemplo, no caso de querer comparar textos, para encontrar plaxios, no de querer traducir un texto a varios idiomas simultáneamente ou incluso no de querer reescribir ou cambiar partes do noso texto, podemos empregar Smodin, que o fará automáticamente coa súa intelixencia artificial. Outra función que ten é a de crear un ensaio ou artículo a partir dunha frase que nós escribamos, buscando datos en internet e dándolle unha estructura de forma completamente automática. Posúe outras moitas opcións, como a de corrector gramatical, resumidor de texto e páxinas web ou a de xerador de subtítulos traducidos a tempo real; todo isto de forma gratuita, eso si, cunha serie de usos limitados por semana.
Dictation é unha ferramenta de dictado de voz, que escribe automáticamente todo o que digamos, e que funciona en máis de 30 idiomas. Dictation permite modificar o texto que escriba a partir do dictado inicial de forma moi completa, podendo crear listas, cambiar a posición do texto – ata xustificalo – e incluso crear comandos de voz, para que o programa faga unha cousa determinada ao dicir unha certa frase ou palabra (p.e. que salte á seguinte liña cando digamos “enter”). Ademais, poderemos enviar dende a propia ferramenta o que dictemos nun correo electrónico, a través de Tweeter, ou gardalo en PDF para imprimilo.
EDteam permítenos crear unha firma personalizada para o noso correo electrónico a través da ferramenta gratuita Firma de Correo. Esta firma consiste nunha especie de “tarxeta de negocio virtual” que se enviaría con cada correo que mandemos, e que conterá a información sobre nos que queiramos aportar, como a nosa empresa, o noso posto de traballo dentro desta, o noso número de teléfono, a nosa páxina web e as redes sociais que queiramos engadir para que nos busquen. Tras esto, poderemos cambiar a foto, para que sexa diferente da do noso correo no caso de que queiramos, e haberemos creado a nosa firma.
Text from to speech é unha ferramenta que nos permite levar acabo diversas actividades relacionadas coa transcripción de audio. O principal é que poderemos facer dictados de voz – de forma similar a Dictation – cunha serie de comandos de voz predeterminados para empregar (p.e. dicir “coma” fará que o programa escriba “,”). O que diferenza esta ferramenta, é que podemos ademais convertir texto a audio, simplemente grabar un audio e incluso transcribir un audio ou video. Unha vez temos o contido para o que usamos o programa, poderemos envialo por correo electrónico, gardalo (como arquivo de texto ou documento) e incluso imprimilo directamente dende Text from to speech.