A Confederación de Empresarios de Galicia organiza esta xornada orientada ao cumprimento da Directiva de Reporte de Sostibilidade Corporativa (CSRD), nova lexislación europea que se irá introducindo entre os anos 2024 e 2029, polo que é importante que as empresas incorporen un sistemas de información para recompilar e tratar os datos sobre sostibilidade e establezan procesos de presentación de información periódicos.
PERSOAS DESTINATARIAS
Pemes e grandes empresas.
OBXECTIVOS
Coñecer os beneficios e facilitar información ás empresas para unha correcta adaptación a esta normativa. Os asistentes terán a oportunidade de aprender, da man de expertos no tema, como implementar un sistema de información de sostibilidade na empresa e cales son os novos requisitos para a presentación dos informes non financeiros.
CONTIDO DA XORNADA
Esta xornada virtual terá o seguinte programa:
- Benvida: José Manuel Maceiras, Secretario Xeral Adxunto da Confederación de Empresarios de Galicia.
- Recompilación de datos e información ASG na empresa: Santiago Crístin Mariño, Vicepresidente de APROEMA.
- Informes corporativos de sostibilidade. Novos estándares e requisitos para a presentación de informes non financeiros. Beneficios para a peme: Alejo Calatayud Álvarez, Responsable de desenvolvemento de negocio e economía circular en ICSEM.
- Axudas para impulsar medidas para a implantación de criterios Ambientais, Sociais e de Gobernanza (ASG) nas pemes galegas: Eladio Otero, Subdirector de Competitividade Empresarial do IGAPE.
- Peche da xornada.
DATA E HORARIO
Martes 16 de xullo, de 12:00 a 13:00 horas.
MÁIS INFORMACIÓN
Para obter máis información e cumprimentar o formulario para subscribirse á xornada, visita a páxina web de Confederación de Empresarios de Galicia.