Google Actívate lanza unha serie de cursos para a formación de emprendedoras/es
Nos últimos meses de seguro que terás escoitado falar da nova iniciativa lanzada por Google para ampliar a formación de persoas emprendedoras. O certo é que é unha grande idea xa que pon a disposición de toda persoa que conte cun ordenador e unha conexión a internet un gran número de unidades didácticas sobre cantidade de temas necesarios no día a día dun emprendedor. A plataforma on line de Google Actívate permíteche acceder a cursos completos ou itinerarios. Cada unidade consta cunha explicación en formato vídeo por parte dunha persoa experta en cada materia e ademais veñen acompañados de explicacións en e pdf descargábel. Só tes que darte de alta de maneira gratuíta coma usuario e poderás acceder aos contidos cantas veces queiras.
Ao remate de cada unidade terás un exame e ao final de cada curso completo un test
final que ao superalo te reporta un título oficial de Google e da entidade oficial que colabora na creación do curso.
Bótalle un ollo aos cursos de Actívate e amplía constantemente a túa formación para mellorar o teu negocio cada día.
Os cursos dispoñíbeis atópanse en https://www.google.es/landing/activate/home/ e polo de agora son:
- Marketing dixital.
- Cloud Computing.
- Curso on line de comercio electrónico.
- Transformación dixital para o emprego.
- Desenvolvemento de APPs.
- Desenvolvemento Web I e II.
- Produtividade persoal.