CURSO PUBLICIDADE DIXITAL PARA A INTERNACIONALIZACIÓN

Queres ampliar o teu mercado pero non sabes como promocionar a túa empresa no exterior? Aproveita esta oportunidade que che ofrece o IGAPE e inscríbete no curso on line de “Publicidade dixital para a internacionalización e planificación e execución de campañas” dirixido a responsables de marketing e desenvolvemento de negocio.

Esta formación é gratuíta e  estará impartida por Alejandro López-Riobóo, consultor experto en publicidade e marketing dixital, a través do campus en liña do IGAPE.  Nela, aprenderás a planificar e executar campañas en internet, como se estrutura a publicidade dixital e o que tes que saber sobre a  promoción no exterior.

PERSOAS BENEFICIARIAS

  • Responsables de marketing e comunicación.
  • Responsables de desenvolvemento de negocio.

METODOLOXÍA DO CURSO:

Esta formación iniciarase o 15 de maio de 2024.

  • Modalidade en liña.
  • O curso impartirase a través dunha plataforma en liña participativa: clases en directo, gravación das sesións e biblioteca de contidos.
  • Metodoloxía práctica en cada sesión.
  • Impartición do curso a través do campus online do Igape.

DURACIÓN

O curso desenvolverase do 15 de maio ao 18 de xuño de 2024, cun total de 6 sesións que terán unha frecuencia semanal (sesións de 90 minutos, en horario de 18:30 a 20:00 h.)

PROGRAMACIÓN DO CURSO

Sesión 1: Todo o que precisas saber da publicidade dixital.

Sesión 2: Campaña de awareness.

Sesión 3: Google Ads; Google Display Network.

Sesión 4: SEM Engine Marketing I.

Sesión 5: SEM Search Engine Marketing II.

Sesión 6: Caso práctico.

PRAZO DE INSCRICIÓN

Ata o 12 de maio de 2024.

MÁIS INFORMACIÓN:

Para acceder a máis información do curso consulta a seguinte LIGAZÓN.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *