A Escola Virtual de Igualdade, dependente do Instituto das Mulleres é un espazo dixital de formación gratuíta en igualdade de xénero que, ao longo deste tempo, foi aumentando o número de prazas ofertadas, ao igual que as especialidades, en nivel básico ou avanzado, dando resposta á demanda dos usuarios.
Esta escola está aberta a todas as persoas que están interesadas por saber máis acerca da igualdade.
Os obxectivos da Escola Virtual de Igualdade son:
- Sensibilizar no valor social da igualdade como eixe para o desenvolvemento social, achegando conceptos e teorías básicas sobre esta materia co fin de promover a reflexión e un cambio de actitudes e valores na nosa sociedade.
- Integrar a igualdade de xénero en todos os ámbitos da sociedade, facilitando a profesionais de diferentes ámbitos unha formación para incorporar o enfoque de xénero na súa práctica profesional.
CURSOS DISPOÑIBLES
A Escola Virtual de Igualdade dispón do catálogo dos seguintes cursos, que se dividen en dous niveis:
Básicos (40 horas)
- Sensibilización en igualdade de xénero:
Inicio de inscrición: 10 de setembro
Inicio/Fin de curso: do 17 de setembro ao 14 de outubro
- Formación para a implantación de plans e medidas de igualdade nas empresas
Inicio de inscrición: 19 de setembro
Inicio/Fin de curso: do 26 de setembro ao 23 de outubro
- Formación en igualdade de xénero: aplicación práctica no ámbito de FF.CC. de Seguridade:
Inicio de inscrición: 26 de setembro
Inicio/Fin de curso: do 3 de outubro ao 30 de outubro
- Formación en igualdade de xénero: aplicación práctica no ámbito da negociación colectiva:
Inicio de inscrición: 8 de outubro
Inicio/Fin de curso: do 15 de outubro ao 11 de novembro
- Medio ambiente e cambio climático con perspectiva de xénero:
Inicio de inscrición: 12 de novembro
Inicio/Fin de curso: do 19 de novembro ao 16 de decembro
- As perspectivas de xénero nas políticas sanitarias:
Inicio de inscrición: 19 de novembro
Inicio/Fin de curso: do 26 de novembro ao 23 decembro
Avanzados (75 horas)
- Igualdade de xénero: aplicación práctica no ámbito do emprego:
Inicio de inscrición: 22 de outubro
Inicio/Fin de curso: do 25 de outubro ao 23 de decembro
- Igualdade de xénero no ámbito dos servizos sociais:
Inicio de inscrición: 17 de outubro
Inicio/Fin de curso: do 24 de outubro ao 18 de decembro
- Igualdade de xénero: aplicación práctica no ámbito xurídico:
Inicio de inscrición: 17 de setembro
Inicio/Fin de curso: do 24 de setembro ao 18 de novembro
- Igualdade de xénero: aplicación práctica na empresa e os RR.HH.:
Inicio de inscrición: 24 de setembro
Inicio/Fin de curso: do 1 de outubro ao 25 de novembro
Para os cursos de nivel avanzado deberás superar un test de coñecementos.
COMO INSCRIBIRSE
Para inscribirse nos cursos será necesario:
- O DNI ou NIE en vigor
- Coñecementos informáticos: saber navegar por Internet
MÁIS INFORMACIÓN
Para obter toda a información detallada consulta a web deEscuela Virtual de Igualdade.
Para obter máis información, ponte en contacto no teléfono 910 054 681 ou no correo electrónicocoordinacion@escuelavirtualigualdad.es