Viveiros, incubadoras ou aceleradoras

Coñeces a diferenza entre viveiros de empresas, incubadoras e aceleradoras? Explicámoscha xunto cunha listaxe completa das que podes atopar na área de Vigo

Dentro dos instrumentos de apoio a novos proxectos empresariais e starups, os conceptos de viveiros de empresas, incubadoras ou aceleradoras sóannos cada vez mais familiares, xa que, nos últimos tempos, son numerosas as iniciativas deste tipo impulsadas, tanto dende o ámbito público como privado.

Os tres instrumentos mencionados perseguen basicamente os mesmos obxectivos: detectar ideas e proxectos empresariais con potencial de crecemento e garantir a viabilidade e o despegue das empresas nos primeiros anos de actividade, e en menor medida,  facilitar o acceso a financiamento (aínda que nalgún caso si que inclúe tamén algunha liña de créditos, subvencións ou participación en capital). Trátase fundamentalmente de conseguir nun curto prazo un crecemento e avances para as empresas que acollen, que no mercado normal tería unha duración moito máis longa.

Non obstante, existen certas diferenzas entre os tres conceptos anteriormente mencionados.

Así pois, os viveiros de empresa soen acoller proxectos mais tradicionais e tamén os servizos prestados son mais “clásicos”: ofrecen oficinas para a ubicación do proxecto, outros espazos e servizos compartidos, asesoramento, etc.

Pola súa parte as incubadoras  normalmente atenden proxectos en fase moi inicial,  onde un dos obxectivos soe ser que os proxectos participantes definan un plan estratéxico  de acción. Tamén é mais habitual que dean servizos a  iniciativas mais innovadoras: cun compoñente importante de I+D, starups, TICs, etc.

Finalmente, as aceleradoras atenden aos proxectos empresariais nunha fase mais avanzada, cando xa están en desenvolvemento (empresas xa creadas ou en fase avanzada de constitución). O obxectivo é “acelerar” o proceso de maduración ou consolidación, buscando obter beneficios en canto a empresa sae ao mercado (nalgún caso, buscando a súa expansión internacional). O mentoring neste caso é un elemento diferenciador.

Moitas veces, o seu funcionamento baséase nun programa que conten unha serie de convocatorias cun prazo de tempo estipulado (principalmente no caso das aceleradoras).

A continuación,  destacamos algunhas destas iniciativas, que, por proximidade ou polo tipo de apoio que ofrecen, nos parecen interesantes:

VIVEIRO DE EMPRESAS DA CÁMARA DE COMERCIO DE VIGO
Complementando os servizos de información e asesoramento a empresas que ofrece a Cámara, conta con 3 viveiros, un deles en Vigo, cun total de 35 espazos para actividade empresarial.

Visitar web.

ESPAZOS DO CONSORCIO ZONA FRANCA VIGO
A Zona Franca de Vigo, institución dedicada ao desenvolvemento económico e empresarial local e á creación de infraestruturas de apoio,  promove varios proxectos deste tipo:

  • CIE  A GRANXA

Viveiro de empresas situado no Parque Empresarial do Porriño que ofrece oficinas, naves e instalacións para as empresas nos seus primeiros anos de vida.

Visitar web

  • CENTRO DE NEGOCIOS PORTO DO MOLLE

Viveiro de empresas e aceleradora, que ofrece espazos no Parque Empresarial de Porto do Molle (Nigran) para a instalación e a consolidación de novos proxectos empresariais.

Visitar web

  • ACELERADORA DE EMPRESAS E EMPRENDEDORES VIAGALICIA

Iniciativa que dá soporte a asistencia na súa fase inicial a emprendedores e empresas recentes. Proporciona capital semente, formación a través dunha rede mentoring, infraestruturas para a súa ubicación e asesoramento.

Visitar web

  • VIAEXTERIOR

Aceleradora de empresas multisectorial, co obxectivo de acelerar e incrementar a probabilidade de éxito das pemes galegas á hora de lanzarse á internacionalización.

Visitar web

  • INCUBADORA HIGH TECH AUTO

Esta incubadora, na que ademáis da Zona Franca participa a Xunta de Galicia, busca acoller proxectos emprendedores que poidan ser de interese para as empresas de automoción, sector auxiliar ou servizos avanzados. 

Visitar web

VIVEIRO DE EMPRESAS DO CONCELLO DE SALCEDA DE CASELAS
Viveiro de empresas situado no CDL de Torrón.
Dispón de 4 oficinas destinadas a acoller proxectos emprendedores locais.

  • TURISLAB ACELERADORA GALEGA DE TURISMO 

Aceleradora de proxectos empresariales  innovadores enfocados no sector do turismo, posta en marcha pola Xunta de Galicia.

Visitar web

  • AGROBIOTECH

Programa de aceleración que pon en marcha a Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN) dirixido ao impulso e o crecemento sostible de empresas innovadoras nos sectores da biotecnoloxía, agroalimentación e biomasa.

Visitar web

  • BFA (BUSINESS FACTORY AUTO)

Programa de aceleración, promovido pola Xunta de Galicia a través de GAIN e no que colaboran outras entidades como a Zona Franca, o CEAGA ou o grupo Stellantis, co obxectivo de acelerar empresas innovadoras especializadas  no sector da automoción.

Visitar web

Ademais das anteriores, todas elas promovidas dende a iniciativa pública, existen moitas outras iniciativas, algunha delas de ámbito estatal e con participación de capital privado, como Conector, TrenLab, a aceleradora de Renfe enfocada na mobilidade e na loxística, OpenFuture, aceleradora con participación de Telefónica, para potenciar proxectos de base tecnolóxica.

Así que xa sabes, se tes un proxecto ou unha pequena empresa e estás buscando un pequeno empuxón para levalo adiante ou a expandirte, é moi posible que atopes unha axuda nalgunha destas iniciativas ou programas.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *