Recopilatorio de videotraballos

O proceso de creación dun  logo debe seguir unha serie de pasos, comezando pola análise, pasando polo bosquexo, o seu deseño e as artes finais. O primeiro encargo no Programa de Emprego ‘’Garantía  Xuvenil Maiv 2020’’ foi a creación dun logotipo que tiña como reto fundir unha rosa dos ventos cunha silueta canina, e así foi como os responsables do proxecto Antía Fernández e Alejandro Polina crearon a imaxe de Fenico Adiestrador Canino.

O segundo encargo foi a creación dun logotipo baseado no prego que deixa un adhesivo ao levantarse, coas cores de cada un dos contedores de reciclaxe. Os responsables do proxecto foron Guillermo Izaguirre e Óscar Campos, que crearon a imaxe corporativa de Rekay

E a súa páxina web que vos convidamos a visitar: aquí.

Daniela Alves usou como inspiración as figuras do pintor Fernando Botero en representación das curvas e a feminidade para crear a imaxe gráfica de Nakalita, unha liña dentro da marca IKIUB especializada en bañadores de tallas grandes. Tamén foron participes neste proxecto Jana Cruces, Susana Paredes e Alba Antón.

Navia 3D adicase á renderización de proxectos. Xuntando o azul das augas coas que se asocia a deusa Navia co «3D» creouse unha caixa similar a un PC ou unha impresora 3D, o que deu lugar á formación da súa imaxe gráfica. Este proxecto foi elaborado por Lucía Pardo e nel tamén participou Susana Paredes.

O logotipo realizado para Con-Tacto, unha empresa que compara tarifas de luz e gas para ofrecerlle a mellor oferta aos seus clientes, foi realizado por Anaís Figueiras. Os integrantes do proxecto foron Gabriel Bercholc, Alba Antón e Susana Paredes.

A imaxe gráfica de Pula Pula Accesorios, quen da unha segunda vida ós pantalóns vaqueiros creando bolsos incribles, foi obra de Miguel Martí. Para elo, Miguel empregou unha fonte que fai alusión ás puntadas da costura sobre un tecido.

Dentro do equipo traballaron tamén María Lago, Jana Cruces e Elizabeth Cela.

Creouse tamén a imaxe gráfica de Meraki Nails Studio para Bea Karpin, quen buscaba un logo que transmitise a beleza da muller, elegancia, con cores claras tratando de pór o foco na delicadeza e o coidado que transmite no salón de manicura. 

O nome de Meraki, que tamén xurdiu dun traballo de naming por parte dos traballadores, significa ‘’poñer a alma e o corazón en cada cousa que fas’’. Vén do grego e non ten tradución literal ó noso idioma. Alí, adóitase outorgar esta palabra ás mulleres e nais, por iso é un concepto de empoderamento feminino.

O resultado final chegou da man de Anaís Figueiras, quen traballou en equipo con Gabriel Bercholc e Jana Cruces para desenvolver esta imaxe gráfica. Este logotipo inclúe unha flor lila como referente a feminidade e como recurso moi empregado no mundo da beleza e a estética.

E para rematar polo momento, a imaxe gráfica de Gonzalo Caride, artesán de instrumentos tradicionais galegos. Este logotipo é froito do traballo de Guillermo Izaguirre, en equipo con Alejandro Polina, quen se baseou nos petroglifos castrexos das Rías Baixas e cunha tipografía personalizada inspirada na revista Nós.


Podedes seguir vendo as novas publicacións no noso Facebook ou esperar ao seguinte recompilatorio.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *