Entrevista realizada por Gabriela Rodrigez Raies e María Lago Alonso, do Programa de Emprego ”Maiv Garantía Xuvenil 20”
Tivemos a oportunidade de entrevistar a Avital, unha das socias da marca MAUSS. Mauss é unha empresa que se dedica á fabricación e venda de prendas “homewear”, unha das últimas tendencias de moda derivada dos novos hábitos provocados pola situación sanitaria actual.
Cómo xurdiu a iniciativa de Mauss?
Avital: Mauss xurdiu porque Xiana e mais eu somos socias dende hai anos. Ela dedícase á parte de produción e eu á parte dos negocios e vai tempo que queríamos traballar en conxunto. Ambalas dúas queríamos dedicarnos ao mundo da moda, principalmente unha moda para estar na casa, e a nova forma de vida ocasionada polo COVID-19 impulsounos a levalo a cabo.
A xente comenzou a estar moito mais en casa polo que quixemos lanzar prendas para estar guapa e cómoda na casa, buscando un tipo de prendas versátil, xa que a moda adáptase á sociedade.
Así, temos 3 líñas de moda homewear:
- Soft: Para estar relaxada na casa
- Work: Para estar traballando na casa
- Socialité: Para recibir invitados na casa
Qué é o que máis vos gusta do voso traballo?
Avital: Estamos na fase previa de lanzamento, polo que aínda é moi cedo para dicilo. Polo momento, gústame moito a creación das coleccións, das nosas prendas: Buscar os tecidos, a inspiración para facer as prendas, facer que todo teña unha coherencia e siga unha mesma liña…
Despois, persoalmente creo que me gusta moito o feedback e a análise dos consumidores, adaptar os nosos productos a eles…
Qué crees que é o que vos diferencia da vosa competencia?
Avital: É o enfoque das nosas prendas. Non son as típicas prendas: nós adaptamos un tipo de telas moi ricas e boas a un patrón moi cómodo. Son prendas que podes utilizar na túa casa e seguir estando igual de elegante ou profesional, podes recibir invitados en casa de forma cómoda pero sin deixar de lado a elegancia.
Como imaxinas a marca MAUSS de aquí a cinco anos?
Avital: Agardo que a nosa marca medre e poidamos saír ao exterior, ao mercado europeo, en xeral. Poder facer máis cápsulas ou edicións limitadas e fabricar máis cantidade de prendas. Gustaríame que o equipo medre e cheguemos a ter unha tenda física.
Cal crees que é o voso handicap?
Avital: A capacidade de investimento. Se tivéramos maneira de realizar un maior investimento todo sería moito máis fácil e poderíamos acceder a cousas que, agora mesmo, non podemos.
Que vos fixo dar o paso para emprender?
Avital: A situación actual e o historial das nosas experiencias laborais. Por unha banda, eu xa tiña o desexo de emprender dende hai tempo, e por outra banda, levaba tempo sen traballar e tampouco miraba perspectivas de traballo no meu sector, relacionado co que eu quería facer.
Ademais, eu veño dunha familia de emprendedores no sector da moda, polo tanto é algo que xa quería facer, que se viu reforzado pola situación actual, polo que finalmente aventurámonos a levar a cabo este proxecto.
Cal foi a maior dificultade a hora de emprender?
Avital: A maior dificultade foi que eramos só dúas persoas, para facer todo, con pouca capacidade económica ou de investimento, e tamén a dificultade de atopar materia prima (os tecidos que queríamos), e como non, a situación derivada da COVID-19.
Como coñecestes a Mancomunidade de Vigo e o seu Servizo de Asesoramento a Emprendedores?
Avital: Xiana ten unha amiga que xa acudira á Mancomunidade por recomendación duns coñecidos, que solicitaran tamén os servizos da Mancomunidade con anterioridade.
Que servizos esperabas por parte da Mancomunidade?
Avital: Principalmente, tramitación administrativa (alta, inscrición e rexistro da empresa…) e subvencións. Posteriormente enterámonos de que ofrecían máis servizos.
Recomendarías este Servizo?
Avital: Si, porque obtivemos os servizos que esperabamos e incluso máis.
Estou moi contenta polo asesoramento recibido e tamen moi contenta con vós, non o esperaba. Ademais tamén estou contenta polos vosos servizos e pola presentación dos logotipos.
Como pode a xente coñecer o tipo de prendas que facedes e atopar os vosos productos?
Avital: Na tenda online www.mauss.es.