Entrevista HoneyandLemon

Entrevista realizada polo Programa de Emprego Maiv Garantía Xuvenil 20, por Lucía Pardo e Gabriela Lucía Rodríguez Raies.

Hoxe falamos con Candy, emprendedora por parte dobre. Primeiro abriu o seu despacho de psicoloxía e coaching e máis adiante comezou o seu segundo negocio de velas artesanais. Caracterízanse porque son ecolóxicas e seguen unha filosofía de vida slow.

– Como xurdiu a iniciativa de Honey & Lemon?

Candy: Eu teño un apartamento de uso turístico e nunca atopaba ningún produto artesanal que fose de calidade para deixar como obsequio aos hóspedes. E de aí xorde. Como non o atopaba, fíxeno eu.

– Que é o que máis che gusta do teu traballo?

Candy: A capacidade que me ofrece de improvisar, crear novos produtos e esa autonomía que che outorga ser a túa propia xefa.

– Que te diferencia a ti doutra compañía de candeas?

Candy: Que é algo artesanal, moi personalizado, afastado do industrial porque vai feito a man, e a calidade dos produtos, xa que non en todas partes podes atopar unha candea de cera de soia. Normalmente son de parafina, que é contaminante. Estas son completamente ecolóxicas.

– Como ves Honey & Lemon en 5 anos?

Candy: Agora mesmo traballo a nivel España. Gustaríame ver como crece e facer envíos a máis países.

– Que che fixo dar o paso para emprender?

Candy: A idea de que cando es a túa propia xefa dispós do teu tempo, as túas iniciativas son túas. Decides sempre.

-Cres que a túa experiencia previa como emprendedora no ámbito do coaching profesional influíu ou che facilitou este novo emprendemento? Pareceuche máis sinxelo por ser o segundo negocio?

Candy: Si, si, cando me din de alta coma autónoma no primeiro proxecto, no de coaching, custoume moito tomar a decisión por medo, por como sairá, por se tiña clientes… eses medos que sempre están aí. Agora xa tiña un camiño andado, entón ese medo xa non estaba.

– Cal foi a maior dificultade á hora de emprender?

Candy: Conseguir clientes.

– Darías algún consello a alguén que quere emprender e que non se atreve a dar o paso ou está indeciso?

Candy: Que os medos aparecen ás veces por cousas que están na nosa mente, que non as cuestionamos, entón que faga unha análise completa e profunda de que é o que quere facer e como pode saír para velo máis claro.

– Como coñeciches a MAIV?

Candy: Á hora de pedir unha subvención e para darme de alta como autónoma, eles tramitárona, e a partir de aí axudáronme moito.

Cres que tiveches o asesoramento e axuda que necesitabas?

Candy: Quizais faltaríame, por parte da MAIV, un pouco de formación sobre redes sociais, aínda que non sei se a deron. Algúns temas importantes hoxe en día coma como expandir o negocio online, guías, como facer campañas en Internet e demais.

Recomendaríala?

Si, por suposto

Se alguén quixese adquirir unha das túas candeas onde podería facelo?

Candy: Poderíao facer en varios puntos de venda, contactándome por teléfono e tamén a través da miña páxina de Instagram, xa que de momento a páxina online aínda non está en funcionamento. Así que, resumindo: por Instagram, por teléfono, ou nos puntos físicos de venda.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *